Pois ata aquí chegamos! Mañá acábase este curso 2013/14 e daremos paso a
unhas vacacións que ben vos merecedes. Confiamos en que o verán vos traía
moitas xornadas de diversión, que aproveitedes o tempo de lecer para xogar na
praia, no campo ou onde mais vos guste. Deixemos un pouco de lado as pantallas
e busquemos a compaña dun bo libro, que nunca nos fallará; e vémonos en
setembro! Seguro que vos vemos moito
mais crecidos...
Deixámosvos coas fotos do festival de fin de curso; emocionante,
trepidante, divertido e emotivo. Agora só falta que vos gusten. Veña,
unha aperta dende o Equipo de dinamización da lingua galega e, xa sabedes, a disfrutar do verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario