Como ben sabedes, cada ano dedicamos o primeiro trimestre a recordar o traballo dalgún dos nosos artistas galegos: Rosalía, Castelao, Celso Emilo Ferreiro... e este ano estudiamos a Laxeiro, un dos mellores pintores que ten dado Galicia en todos os tempos.
E, como en todo bo proxecto, rematouse cunha gran saída: a Vigo, á Fundación Laxeiro. A guía explicounos detalles sobre a súa vida, e con ela descubrimos moitos cadros novos, ademais de ver os que xa tíñamos traballado.
A fin de festa foi o deubxo das nosas máscaras ao “estilo Laxeiro”.
Unha gran xornada, na que tamén aproveitamos, como en toda viaxe, para descubrir algún rincón do porto de Vigo.
Deixámosvos algunhas fotos, esperamos que vos gusten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario