Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 20 de junio de 2013

E colorín, colorado…



… ese curso está rematado! Pois si, chegamos ao derradeiro día deste curso escolar. A verdade é que, entre que o tempo segue noutra estación e que a moitos de nós pasounos o trimestre voando, non nos damos crido que empecen as vacacións.
Pero a realidade é que estamos en verán, o voso tempo de lecer. Esperamos que o aproveitedes da mellor maneira posible, na praia, no monte, viaxando, lendo, xogando… Pero deixade as pantallas por unha tempada, aproveitade estes días tan longos e non paredes de crecer, que en setembro non vos imos a recoñecer.
E que dicir do día de hoxe, festival? Non… Mais ben Festa-Rachada! Houbo música, baile, teatro e a despedida dos maiores; que se nos marchan ao instituto, os de sexto. Pero estamos convencidos de que non tardarán moito en facernos algunha que outra visita.
Para rematar, as fotos! Coma sempre, sei que haberá nenos e nenas que non aparecedes, pero tedes que comprender que é moi difícil collervos a todos. Espero que vos gusten, para min foi un pracer tomarme este café de tarde mentres ía seleccionando as fotos e recordando a magnífica xornada que tivemos. Así que, hoxe firmo eu, Pedro, o de EF, o coordinador deste gran Equipo da dinamización da lingua galega, e que en nome de todos queremos desexarvos unhas felices vacacións!


No hay comentarios:

Publicar un comentario