Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 22 de mayo de 2013

Magnífica xornada!



O pasado mércores 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Recordamos a Roberto Vidal Bolaño, artífice de que teñamos un teñamos un teatro galego propio, e compartimos con Luz Fandiño unha xornada na que se falou deste autor e tamén da poesía e dos contos. Houbo teatro e música, coma sempre!
Unha magnífica xornada onde as letras galegas tiveron a súa merecida homenaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario