O Entroido 2013 está a piques de comezar
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 31 de enero de 2013
martes, 22 de enero de 2013
Constrúe a túa propia pantalla!
Lembramos as nosas costumes e tradicións. O Entroido en Galicia é moi rico en máscaras e traxes. O ano pasado visitounos o Peliqueiro de Laza, este ano chamamos a Pantalla de Xinzo da Limia.
Entroido 2013!
Chega o intre soñado
despois dun ano esperando,
volver a sentir na pel
o traxe desexado.
A rúa está murmurando
o canto das vexigas,
e as túas campás bailando
coa alma enchida.
Comezas polo pantalón
e sentes a calor do liño
na pel,
o tempo que pensas
que sería o traxe sen el.
Pos a camisa
agarimas os botóns,
oes as rúas que esperan,
canta o teu corazón.
Calzas os zapatos
para levala ben elegante,
que se aparten todos!
e no desfile a deixen
diante.
(...)
Ollas para o espello
e xa a ves debuxada
non hai nada máis fermoso
que a marabillosa
Pantalla.
(...)
Si, é ela, a pantalla
a alma da festa,
o arraigo dun pobo
que no vestir se
manifesta.
Comezas a bater as buxigas
cun xesto incesante,
mentres ves aos raparigos
de ollar rutilante.
Non, non están asustados.
Quedan namorados
igual que quedaches ti
a primeira vez
que a viches danzando…
José
M. Pérez Rodríguez
“O sentir da pantalla”
(Ídevos preparando que o Entroido, xa está chegando...)
martes, 15 de enero de 2013
Mini e Mero no CEIP As Covas - Meaño
Grazas
ao blog de terceiro ciclo, deixámosvos un vídeo da xornada que compartimos con
Mini e Mero.
Música
e poesía nunha mañá chea de emocións!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)