Mañá, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro.
Esta xornada ten como finalidade promover o libro como eixe da nosa cultura, xa que historicamente os libros foron o modo de transmitir os coñecementos e unha ferramenta esencial no noso enriquecemento como persoas.
Curiosamente este mesma data coincide co aniversario do pasamento de dúas referencias obrigadas na literatura: Cervantes e Shakespeare (se ben hai algunhas diferenzas entre os calendarios que se empregaban na Inglaterra e en España). Máis información sobre o Día do Libro
aquí.
Nós tamén quixemos
participar desta celebración:
Comezamos a fin
de semana co recordo de historias remotas, as que nos deixou o magnífico
contacontos “Mario Tomás”
O luns teremos
maratóns de lecturas e algunha sorpresa máis…
E, dende hoxe ata
a Semana das Letras Galegas, poñemos en marcha o noso 1º Certame Literario: unha
invitación á escritura. Queremos ler e ver os vosos contos e queremos que
todo o Centro respire o aire das vosas historias. Animádevos e estade atentos
ao blog!