Chegou o Entroido!
Coma en anos pasados, o luns teremos ao noso “Mandadiño” que dende a entrada iranos dicindo como hai que vir
vestidos durante estes días. Ao estar traballando o tema do “Universo”
haberá que botarlle un pouco máis de imaxinación, usando diversos materiais
para a vestimenta.
Esperamos que vos guste a nosa proposta e que participedes da troula
destes días. Un saúdo,
LUNS:
“Lúa
prateada, pinta na cara unha flor colorada”
MARTES:
“Marte
vermello, trae na cabeza un chapeu vello”
MÉRCORES:
“Mercurio
é mediano, ata na cabeza un pano!”
XOVES:
“Xúpiter é
moi grande, trae moita barriga para non ter fame”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario