Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

viernes, 25 de febrero de 2011

Chegou o Entroido!

A semana que ven chega o Entroido ao noso colexio, sendo o venres 4 o día grande desta celebración.

Coma en anos pasados, o luns teremos ao noso “Mandadiño” que dende a entrada do colexio iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días. Ao estar traballando o tema da “alimentación saudable” haberá que botarlle un pouco máis de imaxinación, usando diversos materiais para a vestimenta.

Esperamos que vos guste a nosa proposta e que participedes da troula destes días. Un saúdo,

LUNS: “O luns, ademais de vir vestido hai que traer un ovo fritido

MARTES: “O martes, coma se foses unha eiruga hai que traer unha folla de leituga

MÉRCORES: “Mércores, escoita! Trae contigo unha froita!

XOVES: “O xoves come peixe asado e trae os beizos ben pintados”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario