Coma en anos pasados, o luns teremos ao noso “Mandadiño” que dende a entrada do colexio iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días. Ao estar traballando o tema da “alimentación saudable” haberá que botarlle un pouco máis de imaxinación, usando diversos materiais para a vestimenta.
Esperamos que vos guste a nosa proposta e que participedes da troula destes días. Un saúdo,
LUNS: “O luns, ademais de vir vestido hai que traer un ovo fritido”
MARTES: “O martes, coma se foses unha eiruga hai que traer unha folla de leituga”
MÉRCORES: “Mércores, escoita! Trae contigo unha froita!”
XOVES: “O xoves come peixe asado e trae os beizos ben pintados”.