Pois si, atrás quedou xa o Entroido. Unha semana de festa na
que non faltou humor, retranca, diversión e algunha que outra sorpresa. O día
grande estivo pasado por auga, pero non nos amedrentou: Plan B e festa no pavillón.
A verdade é que o día resultou bastante mellor do que nun
principio podíamos prever con tanta chuvia por diante. Unha vez mais a
magnífica colaboración de todo o mundo foi clave para que saíra unha xornada tan
redonda. Dende o EDLG quixéramos agradecer a todas as familias que estivéchedes
atentas a subir as mesas, a organizar as merendas e a recoller todo o pavillón.
Moitas grazas!
Igualmente, temos que recoñecer dun xeito especial a
colaboración de Rafa Lores, José Rodríguez, Miguel Glaser e Jorge López que
foron os sufridores que nos fixeron de Peliqueiro, Pantalla, Volante e Boteiro.
E, como non, temos que rematar dándolle as grazas a Asociación cultural Xironsa
Corvillón que fixeron un folión a altura dos mellores Entroidos que poidades
atopar.
E agora, as fotos! Xa sabedes; esperamos que vos gusten, e as
nosas desculpas por se nos quedou algún alumno/a sen retratar.
Saúdos dende o Equipo de dinamización da lingua galega.