Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego.
Os datos son bastante desalentadores:
Tres de cada catro rapaces e rapazas galegas de 5 a 14 anos
(74,88%) son castelanfalantes, once puntos máis que hai cinco anos (63,87%) e
quince máis que hai unha década (59,67%).
Persoas que saben falar galego segundo a idade. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes
Moito | Bastante | Pouco ou nada | Total | |
De 5 a 14 anos | 40,08 | 37,22 | 22,70 | 100,00 |
De 15 a 29 anos | 60,27 | 27,90 | 11,83 | 100,00 |
De 30 a 49 anos | 59,14 | 27,11 | 13,74 | 100,00 |
De 50 a 64 anos | 56,39 | 29,80 | 13,82 | 100,00 |
De 65 ou máis anos | 59,73 | 31,39 | 8,87 | 100,00 |
Total | 57,31 | 29,62 | 13,07 | 100,0 |
Non é este o lugar para aportar datos e mais datos, pero estando claro hai un bo coñecemento da nosa lingua o problema debémolo situar a nivel de hábitos e de actitudes.
Está nas nosas mans cambiar esta tendencia, a que si?