Quentiñas, quentiñas, aquí están as fotos do noso festival.
Como ben sabedes, ao estar o pavillón en obras a única opción que nos quedaba era a Casa da Cultura, pero creemos que o esforzo mereceu a pena. Puidemos compartir con todos vós o espíritu destas festas, e levarnos un gran recordo coas actuacións destes pequenos artistas.
Deixámosvos as fotos para compartir con aqueles que non puideron acudir e, coma sempre, se vedes que algunha foto non debería estar pública pois avisades e se retira o antes posible.
Un saúdo, e os nosos desexos de que teñades unhas datas moi entrañables, con moito tempo de xogo e un Feliz Aninovo!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
viernes, 18 de diciembre de 2015
Lecturas para o Nadal
Achéganse días de festa, de tempo de lecer e de regalos. Pois dende o Equipo de Biblioteca non deixaron escapar este tempo de lectura e fixeron un magnífico traballo: Un tríptico con suxerencias de lecturas para todos e todas.
Xa nos contaredes cal vos gustou mais. Saúdos e felices festas!
lunes, 14 de diciembre de 2015
Rematamos o Outono Fotográfico
Achégase o
inverno, e coa nova estación haberá que rematar o noso Outono Fotográfico. Estas
semanas foron unha auténtica explosión de
cores. Así que moitas grazas pola vosa colaboración e por facer da nosa entrada
un recuncho para perderse nesta marabillosa estación.
Un saúdo dende o
Equipo de dinamización da lingua galega.
lunes, 30 de noviembre de 2015
Ata sempre Neira Vilas
O
venres marchamos da escola coa triste noticia do falecemento de Xosé Neira
Vilas. Magnífico escritor en tódolos xéneros literarios pero que debe da
literatura xuvenil o seu mellor éxito: “Memorias dun neno labrego” (1961).
Ademais,
como ben sabedes, xunto coa súa muller, Anisia Miranda, foron os padriños da
nosa escola.
Déixanos
unha celebridade literaria e unha referencia fundamental do panorama cultural
galego.
Ata
sempre, Neira Vilas!
Deixámosvos cun vídeo que lle fixo a profesora María na súa Fundación fai pouco mais dun mes.
Non se esquecía de nós (...)
Non se esquecía de nós (...)
lunes, 23 de noviembre de 2015
Un magosto redondo!
Xornada incríble, con moitos xogos, bo tempo e gran cantidade de castañas para papar.
Dende o Equipo de dinamización da lingua galega queremos darvos as grazas a todas as familias que participáchedes desta xornada, pola vosa colaboración (en especial a Natalia y Teodoro que remataron ben afumados) e por facer desta celebración unha gran festa.
lunes, 9 de noviembre de 2015
Mañá, magosto!
Estimadas familias, recordarvos que mañá celebraremos o noso magosto.
Precisaremos axuda para facer as castañas, algo de leña e disposición para xogar ao circuito de Xogos Populares que realizaremos a partires das 11:30.
Estades todos convidados a participar da festa e a tomar castañas.
Un cordial saúdo,martes, 3 de noviembre de 2015
Parabéns Neira Vilas!
Xosé Neira Vilas, gran referencia da nosa narrativa está
hoxe de aniversario. Dende o CEIP de Meaño As Covas queremos enviarlle unha
forte aperta e desexarlle os nosos parabéns a este magnífico escritor e padriño do noso centro.
jueves, 29 de octubre de 2015
Samaín 2015
Día pasado por auga, mais da que nos tivera gustado; aínda así, a nosa festa das cabazas puido saír adiante.
Moitas grazas pola vosa participación, polo traballo realizado coas cabazas e nos fogóns para a merenda de outono e por acompañarnos nesta celebración.
Aquí xa temos unas poucas fotos desta xornada, esperamos que vos gusten. E ide preparando as castañas, que en breve os invitamos ao noso Magosto!
Saúdos dende o EDLG.
Moitas grazas pola vosa participación, polo traballo realizado coas cabazas e nos fogóns para a merenda de outono e por acompañarnos nesta celebración.
Aquí xa temos unas poucas fotos desta xornada, esperamos que vos gusten. E ide preparando as castañas, que en breve os invitamos ao noso Magosto!
Saúdos dende o EDLG.
lunes, 26 de octubre de 2015
Samaín!
Esta semana
toca... Cabazas e medos para celebrar o noso Samaín!
Recuperamos a
vella festividade Celta, que vos deixamos moi ben explicada neste enlace: Samaín
E xa sabedes; o mércores traemos as cabazas á escola, para celebrar o xoves unha gran festa do Medo.
E xa sabedes; o mércores traemos as cabazas á escola, para celebrar o xoves unha gran festa do Medo.
Contamos con
todos vós! Saúdos.
viernes, 16 de octubre de 2015
7º Outono Fotográfico
“Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min e non
me toca.
E chove pra que eu soñe, pra
que eu soñe,
fala a tarde baixiño”.
(Uxío Novoneyra.
“Caen as follas”)
Outono
chegou e que mellor pretexto para sacar as cámaras de fotos e traer á escola un
magnífico recordo desta época do ano.
A todos nos
gustaría traer fotos como as de Elena
Shumilova pero aínda que as nosas propostas sexa mais humildes, seguro que
tedes moi bos momentos para compartir, animádevos!
Esperamos
unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial
saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)