Este venres, tocou deporte! Os alumnos de 4º, 5º e 6º participaron nunha xornada de atletismo xunto a outros rapaces e rapazas da zona do Salnés. Foi unha gran mañá: bo tempo, moita xente coñecida e un lugar idóneo para facer unha carreira Campo a través, a antigua azucareira de Portas.
Deixámosvos unhas cantas fotos, dos participantes, do noso medallista (a ver se o atopades!) e incluso algún infiltrado que xa anda polo instituto.
Un saúdo e a seguir con estes hábitos saúdables!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
domingo, 23 de noviembre de 2014
martes, 18 de noviembre de 2014
NAVEGA CON RUMBO
Deixámosvos unha información que consideramos de interese: unha proposta do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia. Para que todos sepamos facer un uso responsable das novas tecnoloxías e sacarlle o máximo partido.
http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/index.html
domingo, 16 de noviembre de 2014
Magosto con auga...
Pois si, o venres
tivemos un magosto un pouco pasado por auga, pero a pesares da chuvia tivemos
unha gran xornada de xogos e castañas:
Os xogos puideron
ir adiante nas zonas cubertas, as castañas fixéronse sen contratempo e
bastantes familias puideron vir a participar desta xornada de festa. O mellor? Ver
como os avós e avoas son os que mellor saben tirar na Chave ou facer rodar os
aros metálicos. O ano que ven, repetimos, non?
(Deixámosvos algúnhas fotos sacadas co móbil, saúdos!)
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Ollos de aula nº 17
Pois xa temos un novo exemplar da Revista "Ollos de aula", realizada pola coordinadora de ENDL. Información de interese para todas as familias. Saúdos!
sábado, 1 de noviembre de 2014
A festa do Samaín
Pois si, atrás
quedou a nosa festa do Samaín. Pensamos que foi unha moi boa xornada: cunha “aula
do medo” na que puideron contar as súas arrepiantes historias, unha magnífica
exposición de cabazas, a merenda de
outono chea de doces exquisitos e música, cantigas para rematar unha festa como
lle corresponde.
Moitas grazas ás
familias pola vosa colaboración e participación, esperamos que vos gustara esta
celebración tanto coma a nós. Agora deixámosvos unha cantas fotos, sabedes que
é moi difícil que saía todo o mundo, pero quédanos un bo recordo. Vémonos no
Magosto!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)