Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
martes, 20 de noviembre de 2012
IRMAUS
Como xa vos temos contado, este ano celebramos o centenario do gran poeta Celso Emilio Ferreiro; así como 50 aniversario da publicación do seu libro “Longa noite de pedra”.
Deixámosvos un dos seus poemas “Irmaus” na versión musicada de Fuxan os ventos. Sentimentos e crenzas que debemos reivindicar nestes tempos tan desnortados.
martes, 13 de noviembre de 2012
Qué gran Magosto!
Hoxe podemos dicir que tivemos unha día de festa.
A da castaña, o noso Magosto.
Comezamos cunha obra de títeres moi orixinal “Caraporquiña
Vermella”. Despois, sen parar a xogar, co circuíto de Xogos Populares. E, para
rematar, castañas ata rebentar.
Grazas aos que colaborastes co lume e atendendo as
castañas, sen a vosa axuda sería imposible sacar adiante a organización deste
gran día.
Esperamos que vos gusten as fotos. Un saúdo,
O equipo de dinamización da
lingua galega.
lunes, 12 de noviembre de 2012
Caraporquiña vermella
Mañá
martes celebrámolo Magosto: Xogos populares, moitas castañas... e TEATRO!
Este
ano contaremos coa compañía de títeres Tres Globos que representarán a obra de “Caraporquiña
vermella”.
Esperamos
que vos guste a todos!
martes, 6 de noviembre de 2012
Fotos do Samaín
Pois xa temos algunhas das fotos da Samaín celebrado o pasado venres 31 de outubro.
Houbo moitas cabazas (estiveron realmente espectaculares), os rapaces foron os protagonistas das historias contadas e houbo moitas familias que puideron achegarse a participar desta pequena festa. Esperamos que vos gusten, e aproveitamos a ocasión para agradecer a vosa colaboración e participación. Un saúdo,
lunes, 5 de noviembre de 2012
Ollos de aula Nº 2
Xa temos un novo exemplar da revista Ollos de Aula.
Neste mes atoparedes información sobre o que poderá ser a volta das "reválidas". Tamén hai uns bos consellos para as entrevistas a realizar cos profesores titores e mais novas de interese.
Esperamos que vos guste. Saúdos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)