Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”.... O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos. Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
Foron máis de 120 fotografías, cos seus textos, coas súas explicacións. Un éxito e unha forma diferente de disfrutar das cores do noso Outono. Moitas grazas!
Choveu, afumamos
o colexio enteiro e tamén a algunha nai e avoa que estiveron axudándonos coas
castañas. Pero ao final tivemos a nosa festa da Castaña.
Deixámosvos as
fotos do 2º e do 3º ciclo, cando teñamos máis irémolas subindo. Esperamos que
vos gusten.
Un saúdo dende o
Equipo de dinamización da lingua galega.
Pendentes do tempo... Así estamos para celebrar o noso Magosto.
O pasado venres 11, día de San Martiño, tivemos que aprazar a nosa festa da castaña. Así que estade atentos á predicción do tempo. En canto veña sol, aí estaremos!
Este ano tivemos
mais contos de medo que nunca, moita música e unha deliciosa merenda de outono.
As cabazas
estaban incribles, houbo unha participación moi boa, e viñeron moitas familias.
Así que foi un gran día; que rematou coma rematan as mellores festas: cantando
todos xuntos!
Esperamos que vos
gusten as fotos.
Un saúdo dende o Equipo de normalización lingüística.