Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 29 de abril de 2013

Os Maios!









Pois mañá temos a festa dos Maios, a celebración da primavera, coa nosa árbore chamada “Maio” e arredor dela cantaremos as coplas deste ano.
Toda a mañá estaremos traballando, pero a partires da unha estades invitados a cantar con nós!
Un saúdo,

lunes, 22 de abril de 2013

23 de abril, Día do Libro




Mañá martes celebrámolo Día Mundial do Libro. Unha xornada que promoveu a UNESCO co fin de fomentar a lectura e reivindicar a importancia que teñen os libros nas nosas vidas.
A nosa escola non podía deixar de lado esta día e teremos varias actividades nas que os libros, a lectura e a escritura estarán moi presentes.
Unha delas é o noso 2º Certame Literario, unha oportunidade para cada un de vós saque ese pequeno escritor/a que leva dentro. Animádevos a participar!
Saúdos,

martes, 2 de abril de 2013

Día da Poesía



O pasado día 21 celebramos o Día Mundial da Poesía. Alumnado de cada ciclo fixo lectura dos seus poemas e fixemos entrega dos premios aos participantes na nosa “Olimpíada do saber”. Libros e premios para comezar esta nova estación do ano. Feliz primavera a todos e todas! 

martes, 5 de marzo de 2013

Ollos de aula

Ollos de aula. Nº 5. Versión para imprimir en A4 a dobre cara by cendl

Xa temos un novo número da revista escolar “Ollos de aula”. Coma sempre, información de calidade do ensino galego. Neste número, claves para entender o plurilingüísmo, “aprobar ou aprender”... Dispoñible tamén na entrada do colexio.

lunes, 4 de marzo de 2013

8 de maio, Día da muller traballadora



Este venres, día 8, é do Día internacional da muller traballadora. Un día de reivindicación pola igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida: social, laboral e político.
Para que esta igualdade sexa efectiva debemos facer unha educación en valores de igualdade e non sexista. Dende o CEIP As Covas, a nosa homenaxe a todas as mulleres traballadoras de Meaño.

domingo, 24 de febrero de 2013

E as últimas!



Pois con estas fotos do desfile da merenda rematamos!
Esperamos que vos gustaran tanto coma a nós. Un saúdo dende o equipo de dinamización da lingua galega.


martes, 19 de febrero de 2013

Mais fotos!


Seguimos mostrándovos as galerías que temos do Entroido: hoxe tocan “os preparativos” e as fotos dos grupos. E aínda faltan as do desfile e merenda... 
Estade atentos ao blog!