O pasado venres celebramos o Día do libro da mellor maneira que sabemos: Contando contos:
Houbo unha espiral de experiencias lectoras, contos entre maiores e pequenos e intercambios de libros. Toda unha xornada de encontros diante dos nosos libros.
(En breve subiremos as fotos da actividade, saúdos!)
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de abril de 2016
lunes, 20 de abril de 2015
Semana dos libros!
Pois si, achégase
o 23 de abril, e celebraremos por todo o alto o Día do Libro porque para unha
escola non hai maior satisfacción que ver aos seus alumnos ler e descubrir
novas historias para compartir.
Nesta semana a
biblioteca estará chea de actividades, citas, eventos e... libros!
E coma xa sabedes,
a música nunca falta, así que estade atentos, seguro que hai algunha
sorpresa!.
lunes, 22 de abril de 2013
23 de abril, Día do Libro
Mañá martes celebrámolo
Día Mundial do Libro. Unha xornada que promoveu a UNESCO co fin de fomentar a
lectura e reivindicar a importancia que teñen os libros nas nosas vidas.
A nosa escola non
podía deixar de lado esta día e teremos varias actividades nas que os libros, a
lectura e a escritura estarán moi presentes.
Unha delas é o
noso 2º Certame Literario, unha oportunidade para cada un de vós saque
ese pequeno escritor/a que leva dentro. Animádevos a participar!
Saúdos,
lunes, 8 de abril de 2013
domingo, 22 de abril de 2012
23 de abril
Esta xornada ten como finalidade promover o libro como eixe da nosa cultura, xa que historicamente os libros foron o modo de transmitir os coñecementos e unha ferramenta esencial no noso enriquecemento como persoas.
Curiosamente este mesma data coincide co aniversario do pasamento de dúas referencias obrigadas na literatura: Cervantes e Shakespeare (se ben hai algunhas diferenzas entre os calendarios que se empregaban na Inglaterra e en España). Máis información sobre o Día do Libro aquí.
Nós tamén quixemos
participar desta celebración:
Comezamos a fin
de semana co recordo de historias remotas, as que nos deixou o magnífico
contacontos “Mario Tomás”
O luns teremos
maratóns de lecturas e algunha sorpresa máis…
E, dende hoxe ata
a Semana das Letras Galegas, poñemos en marcha o noso 1º Certame Literario: unha
invitación á escritura. Queremos ler e ver os vosos contos e queremos que
todo o Centro respire o aire das vosas historias. Animádevos e estade atentos
ao blog!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




