Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de marzo de 2015

Día da Muller Traballadora

Coma todos os 8 de marzo, no CEIP de Meaño As Covas, non podíamos esquecer a celebración deste día; o día da Muller Traballadora:

Temos avanzado moito na igualdade efectiva entre homes e mulleres, pero a nosa sociedade aínda ten camiño por percorrer, coma na conciliación da vida laboral e familiar ou mesmo nos tempos que se lle dedican nos medios de comunicación. E por esta liña foi a actividade que desenvolvimos onte a ultima hora.

Aproveitando as agrupacións xa organizadas para o Día da Paz, levouse a cabo unha actividade entre os diferentes cursos, co fin de sensibilizar e mostrar roles que as mulleres desempeñan e que habitualmente non aparecen reflectidas nos medios de comunicación: grandes deportistas, investigadora, directivas de distintas empresas ou mesmo drixentes políticas nos diferentes gobernos.
Deixámosvos algunhas fotos desta celebración,
Un saúdo dende o EDLG.


lunes, 4 de marzo de 2013

8 de maio, Día da muller traballadora



Este venres, día 8, é do Día internacional da muller traballadora. Un día de reivindicación pola igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida: social, laboral e político.
Para que esta igualdade sexa efectiva debemos facer unha educación en valores de igualdade e non sexista. Dende o CEIP As Covas, a nosa homenaxe a todas as mulleres traballadoras de Meaño.

martes, 6 de marzo de 2012

Mulleres e ciencia en Galicia

E non podemos esquecer a presenza das mulleres no mundo das ciencias. Deixámosvos un enlace da páxina www.culturagalega.org onde tedes moita información acerca do papel que teñen realizado as mulleres pioneiras na investigación e no ámbito universitario. Esperamos que vos guste,

Mulleres e ciencia en Galicia

Mulleres galegas

Como xa vos comentamos este 8 de marzo queremos facer do Día da Muller Traballadora unha xornada de reivindicación.
No noso país, as mulleres asumiron a gran responsabilidade de coidar, alimentar e traballar polas súas familias. Un papel que sempre debemos recoñecer e agradecer.
Dende o IES Luís Seone elaboraron un magnífico traballo que presenta as terribles condicións de traballo de todas estas mulleres. Toda un lección para estes novos tempos.


jueves, 1 de marzo de 2012

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

O próximo 8 de marzo celebrámolo Día Internacional da Muller, coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora. É unha xornada que se celebran en todo o mundo, conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

A razón deste día está na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Deixámosvos un pequeno conto que ilustra unha situación que era bastante frecuente non hai moitos anos, esperamos que vos guste: