Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta 23 de abril. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 23 de abril. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de abril de 2016

Abril mes dos libros

Comezamos os meses de mais actividade na biblioteca do noso centro: Abril, mes do libro,  coa importante celebración que nos espera para o día 23. E comezamos a pensar en Manuel María o poeta ao que nos entregaremos en corpo e alma para o vindeiro mes...



Por certo, xa arrancou o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, unha cita obrigada e gratuíta para grandes e pequenos. http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx

E rematamos con música! Porque os luns sempre se levan mellor con boa música. 
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.


lunes, 22 de abril de 2013

23 de abril, Día do Libro




Mañá martes celebrámolo Día Mundial do Libro. Unha xornada que promoveu a UNESCO co fin de fomentar a lectura e reivindicar a importancia que teñen os libros nas nosas vidas.
A nosa escola non podía deixar de lado esta día e teremos varias actividades nas que os libros, a lectura e a escritura estarán moi presentes.
Unha delas é o noso 2º Certame Literario, unha oportunidade para cada un de vós saque ese pequeno escritor/a que leva dentro. Animádevos a participar!
Saúdos,