Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Os Maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os Maios. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2015

Celebrámolos Maios

Pois si, ata o tempo acompañou. Unha xornada de celebración floral e da chegada da primavera, onde as coplas puxeron a crítica necesaria e as claves o ritmo para cantalas.

Deixámosvos unhas fotos do que foi o transcurso da mañá e da celebración en si.
(Coma sempre: se pensades que hai algunha foto que non debería estar no blog, nos avisades e se quita sen problema). Saúdos dende o EDLG!

miércoles, 1 de mayo de 2013

Xa temos o Maio



Pois no día de onte celebramos o noso Maio. Todo o mundo colaborou; agradecemos as familias por traernos tanto fiúncho e pampullos, dende 3 anos ata sexto estiveron facendo cadeas e coroas. Unha xornada de convivencia e traballo artesá que concluíu cantando a nosa copla do Maio. Deixámosvos unhas fotos que esperamos que vos gusten.
Un saúdo, o Equipo de dinamización da lingua galega.

lunes, 29 de abril de 2013

Os Maios!









Pois mañá temos a festa dos Maios, a celebración da primavera, coa nosa árbore chamada “Maio” e arredor dela cantaremos as coplas deste ano.
Toda a mañá estaremos traballando, pero a partires da unha estades invitados a cantar con nós!
Un saúdo,

jueves, 26 de abril de 2012

Celebrámolo Maio


“Xa chegou o Maio, colorido e galán. Chegou tras o inverno e antes do verán”.

Este luns 30 de abril imos a celebrar a nosa festa dos Maios. Unha festa primaveral onde os nenos e as nenas, cos seus cantos e alegría, anuncia o bo tempo e a saída do duro inverno.

 
Este ano estreamos maio e coroa, grazas a axuda dun pai. Tamén cantaremos as coplas, onde non faltará a ironía e a sátira. E, coma sempre, estades invitados a participar: ás 13.30 na entrada do colexio.