Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 20 de noviembre de 2012

IRMAUS


Como xa vos temos contado, este ano celebramos o centenario do gran poeta Celso Emilio Ferreiro; así como 50 aniversario da publicación do seu libro “Longa noite de pedra”.
Deixámosvos un dos seus poemas “Irmaus” na versión musicada de Fuxan os ventos. Sentimentos e crenzas que debemos reivindicar nestes tempos tan desnortados.

martes, 13 de noviembre de 2012

Qué gran Magosto!

Hoxe podemos dicir que tivemos unha día de festa. A da castaña, o noso Magosto.
Comezamos cunha obra de títeres moi orixinal “Caraporquiña Vermella”. Despois, sen parar a xogar, co circuíto de Xogos Populares. E, para rematar, castañas ata rebentar.

Grazas aos que colaborastes co lume e atendendo as castañas, sen a vosa axuda sería imposible sacar adiante a organización deste gran día.
Esperamos que vos gusten as fotos. Un saúdo,
O equipo de dinamización da lingua galega.


lunes, 12 de noviembre de 2012

Caraporquiña vermella








Mañá martes celebrámolo Magosto: Xogos populares, moitas castañas... e TEATRO! 
Este ano contaremos coa compañía de títeres Tres Globos que representarán a obra de “Caraporquiña vermella”.
Esperamos que vos guste a todos!

martes, 6 de noviembre de 2012

Fotos do Samaín

Pois xa temos algunhas das fotos da Samaín celebrado o pasado venres 31 de outubro. 
Houbo moitas cabazas (estiveron realmente espectaculares), os rapaces foron os protagonistas das historias contadas e houbo moitas familias que puideron achegarse a participar desta pequena festa. Esperamos que vos gusten, e aproveitamos a ocasión para agradecer a vosa colaboración e participación. Un saúdo,

lunes, 5 de noviembre de 2012

Ollos de aula Nº 2

Xa temos un novo exemplar da revista Ollos de Aula.
Neste mes atoparedes información sobre o que poderá ser a volta das "reválidas". Tamén hai uns bos consellos para as entrevistas a realizar cos profesores titores e mais novas de interese.
Esperamos que vos guste. Saúdos!


jueves, 25 de octubre de 2012

Poemas de peto


O Equipo de Dinamización da Lingua presenta unha colleitas de poemas fermosos na nosa lingua, de diversos autores, pero con unha dozura inmensa. Cada mes darémosvos unha nova entrega. Deste xeito recuperamos unha parte da nosa cultura, a poesía, que ao tempo co cantigueiro de peto, podemos dispoñer dunha recopilación moi importante.

Desexámos que sexa do voso agrado.

lunes, 22 de octubre de 2012

Samaín



Achégase o día de Defuntos. En todas partes comezamos a ver cabazas que nos invitan a celebrar o Halloween.  Pero, atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai cuarenta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

A pouco que se pregunte ás persoas maiores de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.

Así que o vindeiro mércores día 31 celebraremos o noso Samáin. Cabazas... contos de medo... música... e “merenda de outono”. Contamos coa vosa participación, non faltedes!

viernes, 19 de octubre de 2012

Celso Emilio Ferreiro



Neste ano 2012 temos unha data memorable para a nosa cultura. Cúmprense 100 anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o poeta galego que elevou as nosas letras ao máis alto nivel dentro e fóra das nosas fronteiras. 






É o poeta civil, a voz do pobo, que cos seus versos directos guiou e inspirou autores posteriores e puxo letra á Nova Canción Galega de protesta.

Deixámosvos “Longa noite de Pedra” unha dos seus máis afamados poemas:

O teito é de pedra
De pedra son os muros
i as tebras
De pedra o chan
i as reixas
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra LONGA NOITE DE PEDRA
El techo es de piedra
De piedra son los muros
y las tinieblas
De piedra el piso
y las rejas
Las puertas,
las cadenas,
el aire,
las ventanas,
las miradas,
son de piedra (…)