Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta EDLG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDLG. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de enero de 2015

Comezamos! (Con moi boa música…)



Pois aquí estamos, no 2015, a golpe de frío xaneiro, pero con moi boa música. Dende o blog de galego tíñamos que recoller a nova publicación de Kalandra: “Non hai berce coma o colo”. Un título magnífico para un libro-disco que recolle algunhas xoias coma este Berce de Pedro chosco.
Deixámosvos con este vídeo onde atoparedes a un dos dous artistas que están detrás deste proxecto. Seguro que os recoñedes! 


jueves, 19 de junio de 2014

Fin de curso!



Pois ata aquí chegamos! Mañá acábase este curso 2013/14 e daremos paso a unhas vacacións que ben vos merecedes. Confiamos en que o verán vos traía moitas xornadas de diversión, que aproveitedes o tempo de lecer para xogar na praia, no campo ou onde mais vos guste. Deixemos un pouco de lado as pantallas e busquemos a compaña dun bo libro, que nunca nos fallará; e vémonos en setembro!  Seguro que vos vemos moito mais crecidos...
Deixámosvos coas fotos do festival de fin de curso; emocionante, trepidante, divertido e emotivo. Agora só falta que vos gusten. Veña, unha aperta dende o Equipo de dinamización da lingua galega e, xa sabedes, a disfrutar do verán!


martes, 17 de junio de 2014

Revista Buxaina!

Xa temos publicada o número deste ano da nosa revista Buxaina! E imos xa, polo número 27. Aquí tedes unha pequena revisión do que foron estes meses de curso, de traballo e celebracións; e a despedida dos alumnos de sexto, que se nos marchan para o instituto.

Esperamos que vos guste, e recordade que está dispoñible a súa descarga.
Un saúdo dende o EDLG

(Editado: temos que pedir desculpas, quedáranos sen subir a colaboración dos alumnos de 1ºB, agora xa está arranxado)

miércoles, 4 de junio de 2014

Excursión de fin de curso!



Como pasa o tempo... mais rápido do que algúns desexaríamos, pero xa estamos nos últimos días deste curso, e con eles chegou a nosa excursión: unha xornada de convivencia entre todos nós, de contacto coa natureza, de xogos e de recordar como se vivía non fai tanto tempo, coas visitas á Casa do Patrón, en Lalín.

Deixámosvos algunhas fotos, moi centradas no grupo de segundo, sabémolo, pero tentaremos ir subindo as demais nos vindeiros días. Polo momento, aquí tedes un avance.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Ollos de aula Nº 2

Xa temos un novo exemplar da revista Ollos de Aula.
Neste mes atoparedes información sobre o que poderá ser a volta das "reválidas". Tamén hai uns bos consellos para as entrevistas a realizar cos profesores titores e mais novas de interese.
Esperamos que vos guste. Saúdos!


jueves, 25 de octubre de 2012

Poemas de peto


O Equipo de Dinamización da Lingua presenta unha colleitas de poemas fermosos na nosa lingua, de diversos autores, pero con unha dozura inmensa. Cada mes darémosvos unha nova entrega. Deste xeito recuperamos unha parte da nosa cultura, a poesía, que ao tempo co cantigueiro de peto, podemos dispoñer dunha recopilación moi importante.

Desexámos que sexa do voso agrado.

martes, 9 de octubre de 2012

Outono fotográfico




Xa chegou a cita co noso “Outono fotográfico”.
 
Nesta 4º edición seguimos co desexo de fomentar a creatividade dos vosos fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta época do ano e que estas imaxes veñan acompañadas dun pequeno texto, onde se conte porque se tomou ou mesmo cunha pequena poesía!
 
A actividade está aberta a todo o mundo (alumnado, familias, mestres…) e poderanse entregar no formato que se considere mais apropiado. Con todas elas faremos unha exposición na entrada do colexio, polo que deberán ir identificadas para saber de quen é cada foto.
Esperamos unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo de dinamización da lingua galega.

jueves, 4 de octubre de 2012

Nova Revista

Pois xa temos unha nova revista de contido educativo: Ollos de aula.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos contribuir a que teñades información puntual sobre as novidades no ámbito educativo; libros, lexislación, propostas escolares...

Esperamos que esta cita mensual vos guste tanto coma a nós. Saúdos!


martes, 20 de diciembre de 2011

Calendarios 2012

Pois que xa temos os calendarios case listos para enviar á imprenta. Á volta das vacacións entregaremos un exemplar ás familias que os tedes encargados. Deixámosvos unha copia en formato dixital, a ver se vos gusta! Un saúdo e boas festas!

lunes, 19 de diciembre de 2011

Bo Nadal e Feliz Aninovo

Que teñades unhas magníficas festas, en familia, con ledicia e comezando o aninovo do mellor modo posible. Un saúdo e esperamos que vos guste a nosa felicitación.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Proxecto "Castelao"

No 125 aniversario do nacemento de Castelao, recordamos a importancia qeu tivo a súa vida e obra para a nosa cultura. Con esta idea comezamos un proxecto de traballo no que tentouse abarcar a facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo e debuxante. Deixámosvos unha pequena mostra dos traballos realizados polo alumnado de 5º de EP.
Castelao

lunes, 12 de diciembre de 2011

Nacemento Galáctico!

Dende hoxe temos instalado o noso “Nacemento Galáctico”• Dende a Biblioteca estase a traballar o tema do Espazo e o Universo, así que non podía ser doutro modo, e o noso Belén xa está na entrada do Centro para que todos o poidades ver. Estades invitados!
"Nacemento Galáctico"

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Clausuramos o noso Outono fotográfico!

Foron máis de 120 fotografías, cos seus textos, coas súas explicacións. Un éxito e unha forma diferente de disfrutar das cores do noso Outono. Moitas grazas!

viernes, 18 de noviembre de 2011

Ao final, houbo Magosto!


Choveu, afumamos o colexio enteiro e tamén a algunha nai e avoa que estiveron axudándonos coas castañas. Pero ao final tivemos a nosa festa da Castaña.
Deixámosvos as fotos do 2º e do 3º ciclo, cando teñamos máis irémolas subindo. Esperamos que vos gusten.
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.


magosto 11