Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta poemas de peto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poemas de peto. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de junio de 2013

No niño novo do vento

Pois xa vamos collendo recta final deste curso e queremos rematalo recordando a un dos clásicos da nosa literatura: “No niño novo do vento”, poema de Álvaro Cunqueiro e que xa non podemos recitar sen a música que lle fixo Luis Emilio Batallán alá polos anos 70.


Esperamos que vos guste! Saúdos,


jueves, 25 de octubre de 2012

Poemas de peto


O Equipo de Dinamización da Lingua presenta unha colleitas de poemas fermosos na nosa lingua, de diversos autores, pero con unha dozura inmensa. Cada mes darémosvos unha nova entrega. Deste xeito recuperamos unha parte da nosa cultura, a poesía, que ao tempo co cantigueiro de peto, podemos dispoñer dunha recopilación moi importante.

Desexámos que sexa do voso agrado.