Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de octubre de 2015

Samaín 2015

Día pasado por auga, mais da que nos tivera gustado; aínda así, a nosa festa das cabazas puido saír adiante.
Moitas grazas pola vosa participación, polo traballo realizado coas cabazas e nos fogóns para a merenda de outono e por acompañarnos nesta celebración.
Aquí xa temos unas poucas fotos desta xornada, esperamos que vos gusten. E ide preparando as castañas, que en breve os invitamos ao noso Magosto!

Saúdos dende o EDLG.

lunes, 26 de octubre de 2015

Samaín!



Esta semana toca... Cabazas e medos para celebrar o noso Samaín!

Recuperamos a vella festividade Celta, que vos deixamos moi ben explicada neste enlace: Samaín
E xa sabedes; o mércores traemos as cabazas á escola, para celebrar o xoves unha gran festa do Medo.


Contamos con todos vós! Saúdos.  


sábado, 1 de noviembre de 2014

A festa do Samaín



Pois si, atrás quedou a nosa festa do Samaín. Pensamos que foi unha moi boa xornada: cunha “aula do medo” na que puideron contar as súas arrepiantes historias, unha magnífica exposición de cabazas,  a merenda de outono chea de doces exquisitos e música, cantigas para rematar unha festa como lle corresponde.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración e participación, esperamos que vos gustara esta celebración tanto coma a nós. Agora deixámosvos unha cantas fotos, sabedes que é moi difícil que saía todo o mundo, pero quédanos un bo recordo. Vémonos no Magosto!



E un pouco de música para acompañar as fotos

lunes, 27 de octubre de 2014

O xoves Samaín!



O Xoves 30… ímolo pasar de MEDO!
Celebrámolo noso SAMAÍN:
Cabazas terroríficas…
Contos arrepiantes…
“Merenda de outono”
(e para rematar… todos a cantar!)

martes, 6 de noviembre de 2012

Fotos do Samaín

Pois xa temos algunhas das fotos da Samaín celebrado o pasado venres 31 de outubro. 
Houbo moitas cabazas (estiveron realmente espectaculares), os rapaces foron os protagonistas das historias contadas e houbo moitas familias que puideron achegarse a participar desta pequena festa. Esperamos que vos gusten, e aproveitamos a ocasión para agradecer a vosa colaboración e participación. Un saúdo,

lunes, 22 de octubre de 2012

Samaín



Achégase o día de Defuntos. En todas partes comezamos a ver cabazas que nos invitan a celebrar o Halloween.  Pero, atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai cuarenta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

A pouco que se pregunte ás persoas maiores de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.

Así que o vindeiro mércores día 31 celebraremos o noso Samáin. Cabazas... contos de medo... música... e “merenda de outono”. Contamos coa vosa participación, non faltedes!