Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
viernes, 18 de diciembre de 2015
Lecturas para o Nadal
Achéganse días de festa, de tempo de lecer e de regalos. Pois dende o Equipo de Biblioteca non deixaron escapar este tempo de lectura e fixeron un magnífico traballo: Un tríptico con suxerencias de lecturas para todos e todas.
Xa nos contaredes cal vos gustou mais. Saúdos e felices festas!
lunes, 16 de diciembre de 2013
O Libro dos Reis Magos
E despois da música, un pouco de lectura. Subimos un libro que vai a ser todo un éxito neste Nadal, “O Libro dos Reis Magos” unha escolma de cartas as súas Maxestades que veñen ilustradas por Marina Seone. A disfrutalo!
Que ven o Apalpador!
Chega o Nadal e…
Sabedes quen é o Apalpador? Pois con música todo é mais fácil, non? Pois aquí
vos deixamos un pequeno vídeo no que vos conta quen é esta personaxe da nosa
cultura. Esperamos que vos guste!
miércoles, 21 de diciembre de 2011
Festival de Nadal!
Pois xa temos as fotos do festival.
Foron bastantes as dificultades que apareceron pero ao final saíu adiante e, o mais importante, os rapaces puideron celebrar a súa festa de Nadal. Sabemos que non estades todos, que nin o lugar era o axeitado nin as circunstancias as mellores. É un recordo que esperamos que vos guste.
Saúdos e que teñades unhas magníficas festas.

![]() |
| fotos nadal |
lunes, 19 de diciembre de 2011
Bo Nadal e Feliz Aninovo
Que teñades unhas magníficas festas, en familia, con ledicia e comezando o aninovo do mellor modo posible. Un saúdo e esperamos que vos guste a nosa felicitación.
lunes, 12 de diciembre de 2011
Nacemento Galáctico!
Dende hoxe temos instalado o noso “Nacemento Galáctico”• Dende a Biblioteca estase a traballar o tema do Espazo e o Universo, así que non podía ser doutro modo, e o noso Belén xa está na entrada do Centro para que todos o poidades ver. Estades invitados!
![]() |
| "Nacemento Galáctico" |
viernes, 9 de diciembre de 2011
Achegándonos ao Nadal...
Pois que xa
estamos a piques de comezar o Nadal! E que mellor que deixarvos unha boa
panxoliña para ir collendo forma… Esperamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)