Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 4 de abril de 2016

Abril mes dos libros

Comezamos os meses de mais actividade na biblioteca do noso centro: Abril, mes do libro,  coa importante celebración que nos espera para o día 23. E comezamos a pensar en Manuel María o poeta ao que nos entregaremos en corpo e alma para o vindeiro mes...



Por certo, xa arrancou o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, unha cita obrigada e gratuíta para grandes e pequenos. http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx

E rematamos con música! Porque os luns sempre se levan mellor con boa música. 
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.


lunes, 8 de febrero de 2016

Rematamos o Entroido!

Pois si, despois de toda unha semana traballando esta festa tan propia da nosa terra. Damos por rematados estes días de troula e desfraces.

Quixéramos darvos as pola vosa colaboración e participación nestes días de "pintura". E en especial aos que viñéchedes o venres para vestir os nosos desfraces tradicionais (Boteiro, Pantalla, Peliqueiro e Oso de Salcedo)

Agora, as fotos! O de sempre, desculpas anticipadas por senón vos atopades na colección, e se vedes que alguna das fotos non debería de estar pública, polo motivo que sexa; aviso e quitarase rápidamente.
Un saúdo e vémonos o xoves!

lunes, 1 de febrero de 2016

Día da Paz

Este venres día 29 toda a Escola reivindicamos o noso Día da Paz; cunha celebración que xa comenzara o día antes, realizando entre as diferentes clases unha reinterpretación do famoso cadro "Guernica" de Picasso.

O venres, representación, (moi, moi conmovedora, sen dúbida!) canción e baile; e lectura do noso manifesto. Nas novas xeneracións temos asegurado un mundo mellor.
Saúdos dende o EDLG.




jueves, 28 de enero de 2016

Achégase o Entroido...


Estimadas familias, a semana que ven chega o Entroido ao noso colexio; sendo o venres 5 o día grande desta celebración.
 
O luns comezaremos co noso “Mandadiño” que iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días. Recordade que son sempre ideas abertas e que o importante é participar da troula destas datas.

 
LUNS: “O luns, como a Gioconda, trae unha melena longa
MARTES: “O martes de Frida Khalo, trae flores no peiteado”
MÉRCORES: “ O mércores toca A última cea, así que trae a barriga chea
XOVES: “E o xoves facemos un repaso... pinta na cara un Picasso


 

jueves, 14 de enero de 2016

Digalego.com

Comezamos o ano cunha boa noticia para a nosa lingua: Despois do dicionario da Real Academia Galega xa contamos cun novo recurso, o Dicionario de Galego que pon en servicio a Xunta de Galicia a través da web http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php


Un valioso recurso, xa que ademais dos contidos léxicos poderedes atopar funcións de sinónimos, equivalencias con outras linguas ou mesmo acceso ás formas incorrectas. Vamos, unha excelente ferramenta para difundir a nosa riqueza lingüística e cultural. 

Un saúdo, dende o Equipo de dinamización da lingua galega.

viernes, 18 de diciembre de 2015

Festival de Nadal

Quentiñas, quentiñas, aquí están as fotos do noso festival.
Como ben sabedes, ao estar o pavillón en obras a única opción que nos quedaba era a Casa da Cultura, pero creemos que o esforzo mereceu a pena. Puidemos compartir con todos vós o espíritu destas festas, e levarnos un gran recordo coas actuacións destes pequenos artistas.

Deixámosvos as fotos para compartir con aqueles que non puideron acudir e, coma sempre, se vedes que algunha foto non debería estar pública pois avisades e se retira o antes posible.

Un saúdo, e os nosos desexos de que teñades unhas datas moi entrañables, con moito tempo de xogo e un Feliz Aninovo!

Lecturas para o Nadal

Achéganse días de festa, de tempo de lecer e de regalos. Pois dende o Equipo de Biblioteca non deixaron escapar este tempo de lectura e fixeron un magnífico traballo: Un tríptico con suxerencias de lecturas para todos e todas. Xa nos contaredes cal vos gustou mais. Saúdos e felices festas!