Pois si, ata o tempo acompañou. Unha xornada de celebración floral e da chegada da primavera, onde as coplas puxeron a crítica necesaria e as claves o ritmo para cantalas.
Deixámosvos unhas fotos do que foi o transcurso da mañá e da celebración en si.
(Coma sempre: se pensades que hai algunha foto que non debería estar no blog, nos avisades e se quita sen problema).
Saúdos dende o EDLG!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 4 de mayo de 2015
lunes, 20 de abril de 2015
Semana dos libros!
Pois si, achégase
o 23 de abril, e celebraremos por todo o alto o Día do Libro porque para unha
escola non hai maior satisfacción que ver aos seus alumnos ler e descubrir
novas historias para compartir.
Nesta semana a
biblioteca estará chea de actividades, citas, eventos e... libros!
E coma xa sabedes,
a música nunca falta, así que estade atentos, seguro que hai algunha
sorpresa!.
sábado, 21 de marzo de 2015
Feliz día da Poesía!
Claro que si! Hoxe é 21 de marzo, e a UNESCO invítanos a celebrar este Día mundial da poesía. Reflexionando sobre o poder das palabras, cando se xuntan nunha linguaxe poética que fomentan a creatividade e alimentan a nosa sensibilidade.
E iso foi o que fixemos o xoves, fomentar a tradición oral e a linguaxe como expresión artística, coa axuda da escritora, e magnífica contacontos, Paula Carballeira. Unha xornada moi intensa, educativa e divertida coma poucas.
Deixámosvos unhas fotos, unha pequena mostra do que foi o encontro con ela. Esperamos que vos gusten, que vexades un pouco o que foi esta xornada e, xa sabedes, se pensades que hai algunha foto que non debería de estar, polo motivo que sexa, non dubidedes en mandarnos unha mensaxe e se retirará rapidamente.
Saúdos normalizadores dende o EDLG!jueves, 19 de marzo de 2015
Ollos de aula nº 20
Pois xa temos un nova publicación da revista de Ollos de aula!
Esperamos que vos guste!
Esperamos que vos guste!
lunes, 16 de marzo de 2015
Paula Carballeira ven a visitarnos!
Pois si, este xoves, para celebrar o día da Poesía, e para concluír este proxecto de traballo que levamos realizando dende novembro teremos a visita desta magnífica escritora. Toda unha sorte contar con esta visita!
(Vos manteremos informados...)
(Vos manteremos informados...)
sábado, 7 de marzo de 2015
Día da Muller Traballadora
Coma todos os 8 de marzo, no CEIP de Meaño As Covas, non podíamos esquecer a celebración deste día; o día da Muller Traballadora:
Temos avanzado moito na igualdade efectiva entre homes e mulleres, pero a nosa sociedade aínda ten camiño por percorrer, coma na conciliación da vida laboral e familiar ou mesmo nos tempos que se lle dedican nos medios de comunicación. E por esta liña foi a actividade que desenvolvimos onte a ultima hora.
Aproveitando as agrupacións xa organizadas para o Día da Paz, levouse a cabo unha actividade entre os diferentes cursos, co fin de sensibilizar e mostrar roles que as mulleres desempeñan e que habitualmente non aparecen reflectidas nos medios de comunicación: grandes deportistas, investigadora, directivas de distintas empresas ou mesmo drixentes políticas nos diferentes gobernos.
Deixámosvos algunhas fotos desta celebración,
Un saúdo dende o EDLG.

martes, 3 de marzo de 2015
Salón do libro
Pois xa está en marcha unha nova edición do Salón do libro que se ven celebrando en Pontevedra dende o 27 de febreiro ao 28 de marzo.
Este ano a súa XVI edición está dedicada “da
ciencia á ficción”
"A ciencia, a
lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a
realidade virtual, etc.
As matemáticas, a
astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e
observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que
chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de
ficción, e da delgada liña que as separa”.
Xa sabedes, se queredes
pasar un bo rato no mundo da literatura non debedes perder a ocasión: hai moito
que ver e ler!
Día de Rosalía
O pasado martes día 24 celebramos o Día de
Rosalía, autora clave na nosa literatura e que nacera un día 24 de febreiro do ano 1837.
Precursora do Romanticismo, muller adiantada
ao seu tempo, escritora comprometida coa pobreza do campesiñado galego e figura
clave na recuperación da nosa conciencia cultural.
Deixámosvos cun dos seus mellores poemas: “Negra
sombra”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)