Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
jueves, 21 de noviembre de 2013
Revista Ollos de aula
Pois aquí vos deixamos un novo número da revista Ollos de aula; información educativa de interese na nosa lingua.
viernes, 15 de noviembre de 2013
As fotos do Magosto!
Pois xa temos algunhas das fotos deste gran día!
Estaredes de acordo con nós en que foi unha gran xornada; moitos xogos, bo tempo, castañas e a colaboración de moitas familias que participaron dos xogos e deste Magosto.
Para os que non puideron vir, aquí tedes algunhas fotos, saúdos dende o EDLG.
Estaredes de acordo con nós en que foi unha gran xornada; moitos xogos, bo tempo, castañas e a colaboración de moitas familias que participaron dos xogos e deste Magosto.
Para os que non puideron vir, aquí tedes algunhas fotos, saúdos dende o EDLG.
jueves, 7 de noviembre de 2013
O martes... Magosto!
Pois aproveitando que este martes 12 non esperamos choiva e que pasamos o San Martiño que mellor opción que traer castañas e desfrutar dunha xornada de Magosto. Estades todos a participar, da castañada e do noso circuito de Xogos Populares. Esperámosvos despois do recreo!
E para ir ambientando co outono, aquí tedes unha escolma de refráns realiazada polo CEIP de Esteiro en Ferrol.
E para ir ambientando co outono, aquí tedes unha escolma de refráns realiazada polo CEIP de Esteiro en Ferrol.
martes, 5 de noviembre de 2013
Outono fotográfico
Non vos esquezades de que estamos realizando o noso “V
Outono fotográfico”.
Estades todos invitados a participar, non perdades a
oportunidade de ensinarnos a vosa mirada desta fermosa época do ano.
lunes, 16 de septiembre de 2013
Comezamos!
Porque despois
deste longo e fermoso verán, comezamos un novo curso con moitas ideas, ilusións
aínda mais, profesorado... pois diso non andamos moi sobrados; pero tede por
seguro que vamos a encher os meses de actividades onde o Galego vai a ser a nosa mellor ferramenta.
Un saúdo e prestade atención ao que ven!
jueves, 20 de junio de 2013
E colorín, colorado…
… ese curso está rematado! Pois si, chegamos ao derradeiro día deste curso
escolar. A verdade é que, entre que o tempo segue noutra estación e que a
moitos de nós pasounos o trimestre voando, non nos damos crido que empecen as
vacacións.
Pero a realidade é que estamos en verán, o voso tempo de lecer. Esperamos
que o aproveitedes da mellor maneira posible, na praia, no monte, viaxando,
lendo, xogando… Pero deixade as pantallas por unha tempada, aproveitade estes
días tan longos e non paredes de crecer, que en setembro non vos imos a
recoñecer.
E que dicir do día de hoxe, festival? Non… Mais ben Festa-Rachada! Houbo música,
baile, teatro e a despedida dos maiores; que se nos marchan ao instituto, os de
sexto. Pero estamos convencidos de que non tardarán moito en facernos algunha que
outra visita.
Para rematar, as fotos! Coma sempre, sei que haberá nenos e nenas que non
aparecedes, pero tedes que comprender que é moi difícil collervos a todos.
Espero que vos gusten, para min foi un pracer tomarme este café de tarde mentres ía
seleccionando as fotos e recordando a magnífica xornada que tivemos. Así que, hoxe
firmo eu, Pedro, o de EF, o coordinador deste gran Equipo da dinamización da
lingua galega, e que en nome de todos queremos desexarvos unhas felices
vacacións!
lunes, 17 de junio de 2013
Buxaina nº 26
Xa temos a
revista!
Entre que non
andamos moi sobrados de cartos e que hoxe en día sodes moitas as familias que xa
tedes conexión á Rede pois aquí vos deixamos o número 26 da nosa revista
Buxaina. En formado dixital, que non ocupa espazo na casa e que sempre
poderedes consultar!
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.
lunes, 3 de junio de 2013
No niño novo do vento
Pois xa vamos collendo recta final deste curso e queremos rematalo
recordando a un dos clásicos da nosa literatura: “No niño novo do vento”, poema
de Álvaro Cunqueiro e que xa non podemos recitar sen a música que lle fixo Luis
Emilio Batallán alá polos anos 70.
Esperamos que vos
guste! Saúdos,
Suscribirse a:
Entradas (Atom)