Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Buxaina nº 26. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buxaina nº 26. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de junio de 2013

Buxaina nº 26

Xa temos a revista!

Entre que non andamos moi sobrados de cartos e que hoxe en día sodes moitas as familias que xa tedes conexión á Rede pois aquí vos deixamos o número 26 da nosa revista Buxaina. En formado dixital, que non ocupa espazo na casa e que sempre poderedes consultar!

Esperamos que vos guste tanto coma a nós!
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.