Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 19 de febrero de 2015

Fotos do Entroido!


Pois si, atrás quedou xa o Entroido. Unha semana de festa na que non faltou humor, retranca, diversión e algunha que outra sorpresa. O día grande estivo pasado por auga, pero non nos amedrentou: Plan B  e festa no pavillón.
A verdade é que o día resultou bastante mellor do que nun principio podíamos prever con tanta chuvia por diante. Unha vez mais a magnífica colaboración de todo o mundo foi clave para que saíra unha xornada tan redonda. Dende o EDLG quixéramos agradecer a todas as familias que estivéchedes atentas a subir as mesas, a organizar as merendas e a recoller todo o pavillón. Moitas grazas!
Igualmente, temos que recoñecer dun xeito especial a colaboración de Rafa Lores, José Rodríguez, Miguel Glaser e Jorge López que foron os sufridores que nos fixeron de Peliqueiro, Pantalla, Volante e Boteiro. E, como non, temos que rematar dándolle as grazas a Asociación cultural Xironsa Corvillón que fixeron un folión a altura dos mellores Entroidos que poidades atopar.
E agora, as fotos! Xa sabedes; esperamos que vos gusten, e as nosas desculpas por se nos quedou algún alumno/a sen retratar.
Saúdos dende o Equipo de dinamización da lingua galega.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Celebrando o Entroido!

Pois si! Xa estamos na nosa semana grande do Entroido!

Nos recreos xa temos Peliqueiros, Pantallas e... mañá, o Boteiro de Vilariño de Conso. Seguimos a recuperar a esencia dos nosos Entroidos. De feito, este ano o disfraz será de "Choqueiro" (coma nos vellos tempos!).
O venres, será toda unha mañá de festa: comparsa, desfile, fariñada, merenda... E unha sorpresa que non vos podedes perder!

Esperámosvos! Contamos con vós para a festa mais sonora do ano, no faltedes!


domingo, 1 de febrero de 2015

Achégase o Entroido!



Pois si, xa estamos en febreiro y achégase o Entroido. Na semana do 9 ao 13 estaremos metidos de cheo, pero mentres, deixámosvos unhas pistas de por onde virá este ano o noso Entroido singular:

conso07-1


Mais pistas?  
(non o creo...)

martes, 20 de enero de 2015

Malas novas para o Galego

Pois si, aquí vos deixamos os datos publicados no pasado mes polo Instituto Galego de Estatística:
Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego.

Os datos son bastante desalentadores:

Tres de cada catro rapaces e rapazas galegas de 5 a 14 anos (74,88%) son castelanfalantes, once puntos máis que hai cinco anos (63,87%) e quince máis que hai unha década (59,67%).
 

Persoas que saben falar galego segundo a idade. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes
  MoitoBastantePouco ou nada Total
De 5 a 14 anos 40,08 37,22 22,70 100,00
De 15 a 29 anos 60,27 27,90 11,83 100,00
De 30 a 49 anos 59,14 27,11 13,74 100,00
De 50 a 64 anos 56,39 29,80 13,82 100,00
De 65 ou máis anos 59,73 31,39 8,87 100,00
Total 57,31 29,62 13,07 100,0


Non é este o lugar para aportar datos e mais datos, pero estando claro hai un bo coñecemento da nosa lingua o problema debémolo situar a nivel de hábitos e de actitudes. 
Está nas nosas mans cambiar esta tendencia, a que si?

 

sábado, 10 de enero de 2015

Comezamos! (Con moi boa música…)



Pois aquí estamos, no 2015, a golpe de frío xaneiro, pero con moi boa música. Dende o blog de galego tíñamos que recoller a nova publicación de Kalandra: “Non hai berce coma o colo”. Un título magnífico para un libro-disco que recolle algunhas xoias coma este Berce de Pedro chosco.
Deixámosvos con este vídeo onde atoparedes a un dos dous artistas que están detrás deste proxecto. Seguro que os recoñedes! 


lunes, 22 de diciembre de 2014

Bo Nadal!

Dende o blog do Galego tamén queremos desexarvos  unhas magníficas festas, que veñan cheas de bos momentos, e que o Aninovo comece da mellor maneira posible.

Deixámosvos unhas fotos do festival: xa sabedes, gustaríanos ter subido mais fotos, pero non é posible recoller todos os momentos e a todo o alumnado. Esperemos que vos guste esta pequena lembranza.
Saúdos e... Bo Nadal!

viernes, 19 de diciembre de 2014

jueves, 18 de diciembre de 2014

Calendarios do Amor!



Pois xa están rematados e listos para levar a imprenta. Un ano máis presentamos os calendarios cos que traballaremos durante todo o curso e que ilustran o proxecto que se está a desenvolver dende a biblioteca.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós, e recordámosvos que aínda estades a tempo para encargar unha copia.
Un saúdo e os nosos mellores desexos para estas datas tan especiais, que teñades unhas felices festas.