Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Peliqueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Peliqueiro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de febrero de 2015

Celebrando o Entroido!

Pois si! Xa estamos na nosa semana grande do Entroido!

Nos recreos xa temos Peliqueiros, Pantallas e... mañá, o Boteiro de Vilariño de Conso. Seguimos a recuperar a esencia dos nosos Entroidos. De feito, este ano o disfraz será de "Choqueiro" (coma nos vellos tempos!).
O venres, será toda unha mañá de festa: comparsa, desfile, fariñada, merenda... E unha sorpresa que non vos podedes perder!

Esperámosvos! Contamos con vós para a festa mais sonora do ano, no faltedes!


jueves, 14 de febrero de 2013

Grazas por todo




Milleiros de grazas ao Peliqueiro de Laza e á Pantalla de Xinzo, por nos visitaren este ano e sobretoso a Jorge e a José, pois sen eles non houbera sido igual. 
Moitas grazas por colaborar.

De Pantallas e Peliqueiros...



...foron os nosos recreos. Aínda que temos o Entroido rematado agora veñen as fotos desta semana de festa e celebración.


O ano pasado achegámonos a un dos Entroidos mais tradicionais de Galicia: o de Laza, coa súa figura de Peliqueiros. 
Este ano tocou a Pantalla de Xinzo de Limia, que se encargou de vixiar que todo o mundo trouxera o seu disfrace.

Esperamos que vos gusten estas primeiras fotos.




martes, 14 de febrero de 2012

Coidado con Peliqueiro!


Coidado que ven o Peliqueiro! Chegado de terras ourensás, un Peliqueiro (ou Piliqueiro) de Laza anda pola escola, azoutando co seu látego aos que non traballan, aos que berran e mesmo aos que ensinan! 

Así que xa sabedes, andade con coidado porque neste Entroido nin recortes, nin crise, festa para todos e todas! E senón mirade as fotos de embaixo…


Peliqueiro