Metidos de cheo na recta final do curso, hoxe desprazámonos ata Portonovo para participar nesta Carreira Escolar de gran tradición e que tivo como lema
'En galego gañamos tod@s'.
Moita xente coñecida, alumnado de todos os centros da zona e unha proba esixente na que o calor aumentou a dureza do seu percorrido. Pero o mais importante foi a xornada de convivencia entre rapaces e rapaces compartindo un lema tan necesario como o desta edición.
Deixámosvos unhas poucas fotos; do noso equipo de corredores, do quecemento e do transcurso da proba que tan bos recordos nos ten deixado.
Un saúdo, e xa sabedes, as fotos igual que se poñen tamén se poden quitar, se considerades que algunha foto non debería de estar no blog, avisádenos e a eliminamos rapidamente.
O Equipo de dinamización da lingua galega.