Pois si! Xa estamos na nosa semana grande do Entroido!
Nos recreos xa temos Peliqueiros, Pantallas e... mañá, o Boteiro de Vilariño de Conso. Seguimos a recuperar a esencia dos nosos Entroidos. De feito, este ano o disfraz será de "Choqueiro" (coma nos vellos tempos!).
O venres, será toda unha mañá de festa: comparsa, desfile, fariñada, merenda... E unha sorpresa que non vos podedes perder!
Esperámosvos! Contamos con vós para a festa mais sonora do ano, no faltedes!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
miércoles, 11 de febrero de 2015
domingo, 1 de febrero de 2015
Achégase o Entroido!
Pois si, xa estamos en febreiro y achégase o Entroido. Na
semana do 9 ao 13 estaremos metidos de cheo, pero mentres, deixámosvos unhas
pistas de por onde virá este ano o noso Entroido singular:
Mais pistas?
(non o creo...)
martes, 20 de enero de 2015
Malas novas para o Galego
Pois si, aquí vos deixamos os datos publicados no pasado mes polo Instituto Galego de Estatística:
Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego.
Os datos son bastante desalentadores:
Persoas que saben falar galego segundo a idade. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes
Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego.
Os datos son bastante desalentadores:
Tres de cada catro rapaces e rapazas galegas de 5 a 14 anos
(74,88%) son castelanfalantes, once puntos máis que hai cinco anos (63,87%) e
quince máis que hai unha década (59,67%).
Persoas que saben falar galego segundo a idade. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes
| Moito | Bastante | Pouco ou nada | Total | |
| De 5 a 14 anos | 40,08 | 37,22 | 22,70 | 100,00 |
| De 15 a 29 anos | 60,27 | 27,90 | 11,83 | 100,00 |
| De 30 a 49 anos | 59,14 | 27,11 | 13,74 | 100,00 |
| De 50 a 64 anos | 56,39 | 29,80 | 13,82 | 100,00 |
| De 65 ou máis anos | 59,73 | 31,39 | 8,87 | 100,00 |
| Total | 57,31 | 29,62 | 13,07 | 100,0 |
Non é este o lugar para aportar datos e mais datos, pero estando claro hai un bo coñecemento da nosa lingua o problema debémolo situar a nivel de hábitos e de actitudes.
Está nas nosas mans cambiar esta tendencia, a que si?
sábado, 10 de enero de 2015
Comezamos! (Con moi boa música…)
Pois aquí estamos, no 2015, a golpe de frío xaneiro, pero con moi boa música. Dende
o blog de galego tíñamos que recoller a nova publicación de Kalandra: “Non hai
berce coma o colo”. Un título magnífico para un libro-disco que recolle
algunhas xoias coma este Berce de Pedro
chosco.
Deixámosvos con este vídeo onde atoparedes a un dos dous artistas que están
detrás deste proxecto. Seguro que os recoñedes!
lunes, 22 de diciembre de 2014
Bo Nadal!
Dende o blog do Galego tamén queremos desexarvos unhas magníficas festas, que veñan cheas de bos momentos, e que o Aninovo comece da mellor maneira posible.
Deixámosvos unhas fotos do festival: xa sabedes, gustaríanos ter subido mais fotos, pero non é posible recoller todos os momentos e a todo o alumnado. Esperemos que vos guste esta pequena lembranza.
Saúdos e... Bo Nadal!
Deixámosvos unhas fotos do festival: xa sabedes, gustaríanos ter subido mais fotos, pero non é posible recoller todos os momentos e a todo o alumnado. Esperemos que vos guste esta pequena lembranza.
Saúdos e... Bo Nadal!
viernes, 19 de diciembre de 2014
jueves, 18 de diciembre de 2014
Calendarios do Amor!
Pois xa están
rematados e listos para levar a imprenta. Un ano máis presentamos os
calendarios cos que traballaremos durante todo o curso e que ilustran o
proxecto que se está a desenvolver dende a biblioteca.
Esperamos que vos
gusten tanto coma a nós, e recordámosvos que aínda estades a tempo para encargar
unha copia.
Un saúdo e os
nosos mellores desexos para estas datas tan especiais, que teñades unhas
felices festas.
lunes, 8 de diciembre de 2014
Presume de GALEGO
Hoxe recollemos
unha triste noticia: Segundo a ultima enquisa do Instituto Galego de
Estatística (IGE), publicada fai tres días, só un de cada catro menores de 15
anos fala en galego habitualmente(…) Terrible, non?
Por sorte en
Meaño falamos o galego a todas horas e moi ben! De calquera tema, e con esa
marabillosa fonética que nos sae da gorxa. Por iso queremos presentarvos a
campaña que estase a desenvolver dende a coordinadora de equipos de
normalización lingüística: “PRESUME DE GALEGO”
Os que queiran
participar deberán de falar dun dos seguintes temas (amizades, amor, deportes, familia, festas,
historias-contos-lendas, internet, libros, lugares, mascotas, moda, motor,
música, vacacións, viaxes, xogos). Aínda que tamén podería
valer calquera outra proposta que consideredes de moito interese.
Gravarase a voz dos/as falantes coa maior calidade posible e cargaranse os arquivos de audio, preferiblemente en mp3 para compartir dentro deste proxecto.
Gravarase a voz dos/as falantes coa maior calidade posible e cargaranse os arquivos de audio, preferiblemente en mp3 para compartir dentro deste proxecto.
Así que xa
sabedes, animádevos! Contamos contigo!
Porque ti tamén
tes dereito a presumir do teu >GALEGO<!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

