Vitaminas para o Galego, sen ti non é posible!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

domingo, 15 de enero de 2012
martes, 10 de enero de 2012
A escola móvese
A nosa escola móvese grazas ao traballo de todas e todos nós!
Lembrade: "... na foto collemos tod@s"
miércoles, 21 de diciembre de 2011
Festival de Nadal!
Pois xa temos as fotos do festival.
Foron bastantes as dificultades que apareceron pero ao final saíu adiante e, o mais importante, os rapaces puideron celebrar a súa festa de Nadal. Sabemos que non estades todos, que nin o lugar era o axeitado nin as circunstancias as mellores. É un recordo que esperamos que vos guste.
Saúdos e que teñades unhas magníficas festas.

![]() |
| fotos nadal |
martes, 20 de diciembre de 2011
Calendarios 2012
Pois que xa temos os calendarios case listos para enviar á imprenta. Á volta das vacacións entregaremos un exemplar ás familias que os tedes encargados. Deixámosvos unha copia en formato dixital, a ver se vos gusta!
Un saúdo e boas festas!
Open publication - Free publishing
lunes, 19 de diciembre de 2011
Bo Nadal e Feliz Aninovo
Que teñades unhas magníficas festas, en familia, con ledicia e comezando o aninovo do mellor modo posible. Un saúdo e esperamos que vos guste a nosa felicitación.
miércoles, 14 de diciembre de 2011
Proxecto "Castelao"
No 125 aniversario do nacemento de Castelao, recordamos a importancia qeu tivo a súa vida e obra para a nosa cultura.
Con esta idea comezamos un proxecto de traballo no que tentouse abarcar a facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo e debuxante.
Deixámosvos unha pequena mostra dos traballos realizados polo alumnado de 5º de EP.
![]() |
| Castelao |
lunes, 12 de diciembre de 2011
Nacemento Galáctico!
Dende hoxe temos instalado o noso “Nacemento Galáctico”• Dende a Biblioteca estase a traballar o tema do Espazo e o Universo, así que non podía ser doutro modo, e o noso Belén xa está na entrada do Centro para que todos o poidades ver. Estades invitados!
![]() |
| "Nacemento Galáctico" |
viernes, 9 de diciembre de 2011
Achegándonos ao Nadal...
Pois que xa
estamos a piques de comezar o Nadal! E que mellor que deixarvos unha boa
panxoliña para ir collendo forma… Esperamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)