Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 29 de septiembre de 2015

Comezamos un novo camiño!



Despois de varios anos implantando seccións bilingües este ano xa formamos parte da rede centros plurilingües.



E que novos tempos esixen cambios importantes, e hoxe en día, o uso de inglés é unha competencia irrenunciable para o futuro das novas xeracións. Pero sempre dentro dun marco lingüístico que non rexeita a súa identidade: que fai da promoción do galego o noso esforzo principal e que asume o uso das linguas como a principalmente ferramenta de aprendizaxe.


Novos retos que, sen dúbida, enfrontamos coa maior das ilusións.
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.



lunes, 21 de septiembre de 2015

Un novo curso!


Como foi ese verán? Moita praia? Xogar sen parar? Seguro que foron unhas semanas inesquecibles e cheas de moi bos momentos. Abofé que si!
Pero co mes de setembro xa toca despedir aos días de sol sen fin e coller o hábito de madrugar para volver á escola. Porque o curso 2015/16 xa está con nós e ven cheo de moitas actividades.
Este ano estaremos coa “Pintura” a tope, xa que será o tema de traballo para todo o ano. E non vos esquezades que dende o blog de galego non vos daremos nin un respiro. Actividades coa nosa lingua para todo o ano.

Saúdos e feliz comezo de curso!

viernes, 19 de junio de 2015

Ollos de aula (Verán)

Xa casi poñíamos o cartel de "Vémonos en setembro" pero recibimos un novo e refrescante número da revista "Ollos de aula" e tivemos que compartilo.

Información de interese e calidade para familias inquedas. Que teñades un magnífico verán!
Saúdos!

Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015) by cendl

jueves, 18 de junio de 2015

Rematamos!

A piques estamos de rematar este curso 2014/15 e que mellor maneira de facelo con todo un Festival. Calorazo o que pasamos, pero incrible o ben que se portaron os rapaces. Aquí vos deixamos unhas poucas fotos desta xornada de festa e de despedidas.
E rematamos con unha aperta aos nosos alumnos de sexto cos que temos compartido tan bos momentos e ao seu titor; Pedro, dende o EDLG queremos mostrarte o noso recoñecemento, da gran labor realizada en prol da nosa lingua e na dirección desta escola. Moita sorte na túa nova etapa.

Feliz verán a todos e todas! E, coma sempre, se vedes que algunha foto non debería de estar na galería, avisádenos e se quita rápidamente.

viernes, 12 de junio de 2015

REVISTA BUXAINA

Xa temos o número 28, recen saído do forno. Unha ollada, con todo o noso afecto, a este curso que tan bos momentos nos deixou. Esperemos que vos guste tanto coma nós!


Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega!


lunes, 8 de junio de 2015

XXII Carreira Escolar do Salnés

Metidos de cheo na recta final do curso, hoxe desprazámonos ata Portonovo para participar nesta Carreira Escolar de gran tradición e que tivo como lema 'En galego gañamos tod@s'.
Moita xente coñecida, alumnado de todos os centros da zona e unha proba esixente na que o calor aumentou a dureza do seu percorrido. Pero o mais importante foi a xornada de convivencia entre rapaces e rapaces compartindo un lema tan necesario como o desta edición.
Deixámosvos unhas poucas fotos; do noso equipo de corredores, do quecemento e do transcurso da proba que tan bos recordos nos ten deixado.
Un saúdo, e xa sabedes, as fotos igual que se poñen tamén se poden quitar, se considerades que algunha foto non debería de estar no blog, avisádenos e a eliminamos rapidamente.
O Equipo de dinamización da lingua galega.


viernes, 29 de mayo de 2015

Revisando o curso...

Pois xa nos asoma o mes de xuño e comezamos a revisar algunhas das actividades realizadas durante este curso.
Comezamos polo Proxecto Xogade, unha actividade realizada dende a área de EF, coa que se tentou potenciar a práctica de actividade física saudable dentro dun amplo proxecto de valores educativos e competencias básicas.

Deixámosvos unhas poucas fotos destas actividades, esperamos que vos gusten!
Un saúdo dende o EDLG


viernes, 15 de mayo de 2015

Celebrando As Letras Galegas...

...No CEIP de Meaño As Covas! Pois si, porque aínda que todos os días temos bos motivos para celebrar o viva que está a nosa lingua. Nesta semana dedicámoslle unha especial atención: recordando os libros preferidos que se tiveron lido... Cunha sesión de contacontos entre o noso alumnado... Con xogos tradicionais galegos... e con música!

Gran xornada a de hoxe, ruta ata os muíños de Lores, xogos, merenda e actuación de Ce orquesta pantasma!
Deixámosvos unhas coleccións de fotos destas dúas xornadas. Esperamos que vos gusten e se considerades que algunha non debería de estar ahí, pois nos avisades e se retira da galería rapidamente.
Un saúdo, e feliz 17 de Maio!