Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 15 de enero de 2014

Calendarios 2014!



Feliz Aninovo!
Estamos convencidos de que este 2014 virá cheo de moi bos momentos, e para que cada mes teña unha grata sorpresa aquí vos deixamos o Calendario das Viaxes!
Este é o noso gran proxecto para este curso, que parte dende o Equipo de biblioteca pero ao que estamos encantados de unirnos todos nós. Esperamos que vos guste.
Un saúdo, dende o Equipo de dinamización da lingua galega.


lunes, 16 de diciembre de 2013

O Libro dos Reis Magos

E despois da música, un pouco de lectura. Subimos un libro que vai a ser todo un éxito neste Nadal, “O Libro dos Reis Magos” unha escolma de cartas as súas Maxestades que veñen ilustradas por Marina Seone. A disfrutalo!

Que ven o Apalpador!



Chega o Nadal e… Sabedes quen é o Apalpador? Pois con música todo é mais fácil, non? Pois aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que vos conta quen é esta personaxe da nosa cultura. Esperamos que vos guste!

viernes, 13 de diciembre de 2013

Fundación Laxeiro

Como ben sabedes, cada ano dedicamos o primeiro trimestre a recordar o traballo dalgún dos nosos artistas galegos: Rosalía, Castelao, Celso Emilo Ferreiro... e este ano estudiamos a Laxeiro, un dos mellores pintores que ten dado Galicia en todos os tempos. 

E, como en todo bo proxecto, rematouse cunha gran saída: a Vigo, á Fundación Laxeiro. A guía explicounos detalles sobre a súa vida, e con ela descubrimos moitos cadros novos, ademais de ver os que xa tíñamos traballado.

A fin de festa foi o deubxo das nosas máscaras ao “estilo Laxeiro”. Unha gran xornada, na que tamén aproveitamos, como en toda viaxe, para descubrir algún rincón do porto de Vigo. 
Deixámosvos algunhas fotos, esperamos que vos gusten! 

jueves, 21 de noviembre de 2013

viernes, 15 de noviembre de 2013

As fotos do Magosto!

Pois xa temos algunhas das fotos deste gran día!
Estaredes de acordo con nós en que foi unha gran xornada; moitos xogos, bo tempo, castañas e a colaboración de moitas familias que participaron dos xogos e deste Magosto.
Para os que non puideron vir, aquí tedes algunhas fotos, saúdos dende o EDLG.


jueves, 7 de noviembre de 2013

O martes... Magosto!

Pois aproveitando que este martes 12 non esperamos choiva e que pasamos o San Martiño que mellor opción que traer castañas e desfrutar dunha xornada de Magosto. Estades todos a participar, da castañada e do noso circuito de Xogos Populares. Esperámosvos despois do recreo!



E para ir ambientando co outono, aquí tedes unha escolma de refráns realiazada polo CEIP de Esteiro en Ferrol.