O Entroido 2013 está a piques de comezar
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
jueves, 31 de enero de 2013
martes, 22 de enero de 2013
Constrúe a túa propia pantalla!
Lembramos as nosas costumes e tradicións. O Entroido en Galicia é moi rico en máscaras e traxes. O ano pasado visitounos o Peliqueiro de Laza, este ano chamamos a Pantalla de Xinzo da Limia.
Entroido 2013!
Chega o intre soñado
despois dun ano esperando,
volver a sentir na pel
o traxe desexado.
A rúa está murmurando
o canto das vexigas,
e as túas campás bailando
coa alma enchida.
Comezas polo pantalón
e sentes a calor do liño
na pel,
o tempo que pensas
que sería o traxe sen el.
Pos a camisa
agarimas os botóns,
oes as rúas que esperan,
canta o teu corazón.
Calzas os zapatos
para levala ben elegante,
que se aparten todos!
e no desfile a deixen
diante.
(...)
Ollas para o espello
e xa a ves debuxada
non hai nada máis fermoso
que a marabillosa
Pantalla.
(...)
Si, é ela, a pantalla
a alma da festa,
o arraigo dun pobo
que no vestir se
manifesta.
Comezas a bater as buxigas
cun xesto incesante,
mentres ves aos raparigos
de ollar rutilante.
Non, non están asustados.
Quedan namorados
igual que quedaches ti
a primeira vez
que a viches danzando…
José
M. Pérez Rodríguez
“O sentir da pantalla”
(Ídevos preparando que o Entroido, xa está chegando...)
martes, 15 de enero de 2013
Mini e Mero no CEIP As Covas - Meaño
Grazas
ao blog de terceiro ciclo, deixámosvos un vídeo da xornada que compartimos con
Mini e Mero.
Música
e poesía nunha mañá chea de emocións!
jueves, 27 de diciembre de 2012
Festival de Nadal
Pois aquí estamos
coas fotos do noso festival. A pesares de no ter as instalacións mais axeitados
creemos que resultou un bastante ben; os alumnos demostraron o ben que saben
vivir o Nadal e, por sorte, viñeron moitas familias.
Como ben sabedes,
gustaríanos ter sacado a todo o mundo nas fotos pero é imposible. Deixámosvos
unha mostra do que foi a festa e esperamos que vos gusten tanto coma a nós.
Feliz Aninovo a
todos e todas!
sábado, 22 de diciembre de 2012
Mini e Mero
Dous grandes artistas, músicos, poetas
e mestres da nosa cultura. Membros de “Fuxan os Ventos” e actuais compoñentes
de “A Quenlla” compartiron unha xornada incrible con todos nós.
O día 19 recitamos a Celso Emilio,
cantamos “A sementeira”, “Irmaus”, “O carro” … contamos coa colaboración
especial de Tino Baz… Emoción,
sentimentos, moita música e, agora, os recordos dunha festa da cultura escrita
coa nosa letra.
Felices Festas!
viernes, 14 de diciembre de 2012
#RecitandoCelsoemiliO!
O
día 12, do 12, ás 12 foi a data sinalada na que mais trinta e mil alumnos de
toda Galicia recordaron a figura de Celso Emilio Ferreiro.
No 50 aniversario da publicación de “Longa noite de pedra” o noso alumnado
quixo participar deste recitado: ilustrando a súa figura, lendo “Deitado frente ao mar”, “Irmaus”, “Moraima”... Unha celebración da nosa cultura, da nosa lingua e da enerxía
que teñen as palabras cando van en forma de poesía.
martes, 11 de diciembre de 2012
Rematando o Outono...
E
queremos darvos as grazas pola vosa colaboración nesta edición do “Outono fotográfico”.
Cada
ano hai unha maior participación nesta actividade: fotos, poemas, murais...
fixeron da nosa entrada un lugar moito mais acolledor. Esperamos que vos
gustara tanto coma a nós.
Grazas!
Grazas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






