Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Pantallas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pantallas. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de enero de 2013

Entroido 2013!




Chega o intre soñado
despois dun ano esperando,
volver a sentir na pel
o traxe desexado.

A rúa está murmurando
o canto das vexigas,
e as túas campás bailando
coa alma enchida.

Comezas polo pantalón
e sentes a calor do liño na pel,
o tempo que pensas
que sería o traxe sen el.

Pos a camisa
agarimas os botóns,
oes as rúas que esperan,
canta o teu corazón.

Calzas os zapatos
para levala ben elegante,
que se aparten todos!
e no desfile a deixen diante.
(...)

Ollas para o espello
e xa a ves debuxada
non hai nada máis fermoso
que a marabillosa Pantalla.

(...)

Si, é ela, a pantalla
a alma da festa,
o arraigo dun pobo
que no vestir se manifesta.

Comezas a bater as buxigas
cun xesto incesante,
mentres ves aos raparigos
de ollar rutilante.

Non, non están asustados.

Quedan namorados
igual que quedaches ti
a primeira vez
que a viches danzando…


José M. Pérez Rodríguez
O sentir da pantalla

(Ídevos preparando que o Entroido, xa está chegando...)