
En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna.
O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situ

ación máis difícil.
Pero... Que é unha lingua materna?A lingua materna, aquela en que os nenos e as nenas aprenden a falar, é, como dixo o poeta, “é a chave coa que abrimos o mundo”.
Galicia é hoxe unha comunidade con dous idiomas oficiais, o que constitúe unha riqueza e unha oportunidade.
A lingua e a cultura galegas son a mochila onde gardamos o pan e a auga,
o imprescindible para facer un camiño que nos leva sempre cara adiante. A nosa lingua apórtanos unha identidade colectiva que une a todos os galegos e galegas, independentemente de cal sexa o idioma que falan habitualmente.