Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Tamén haberá que ir preparando as coplas...canto máis críticas mellor.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tamén haberá que ir preparando as coplas...canto máis críticas mellor.. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de abril de 2011

Chegan os Maios

Xa chegou o Maio, colorido e galán. Chegou tras o inverno e antes do verán”.





Aínda que estamos en vacacións de Semana Santa queremos recordarvos que á volta temos que preparar o noso Maio.



O venres 29 de abril será o día desta celebración, así que ide buscando os fiúnchos, os pampullos e as laranxas bravas.



Vémonos o venres!


Tamén haberá que ir preparando as coplas...canto máis críticas mellor.