Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 9 de octubre de 2012

Outono fotográfico




Xa chegou a cita co noso “Outono fotográfico”.
 
Nesta 4º edición seguimos co desexo de fomentar a creatividade dos vosos fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta época do ano e que estas imaxes veñan acompañadas dun pequeno texto, onde se conte porque se tomou ou mesmo cunha pequena poesía!
 
A actividade está aberta a todo o mundo (alumnado, familias, mestres…) e poderanse entregar no formato que se considere mais apropiado. Con todas elas faremos unha exposición na entrada do colexio, polo que deberán ir identificadas para saber de quen é cada foto.
Esperamos unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo de dinamización da lingua galega.

jueves, 4 de octubre de 2012

Nova Revista

Pois xa temos unha nova revista de contido educativo: Ollos de aula.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos contribuir a que teñades información puntual sobre as novidades no ámbito educativo; libros, lexislación, propostas escolares...

Esperamos que esta cita mensual vos guste tanto coma a nós. Saúdos!


martes, 25 de septiembre de 2012

E chegou o Outono




Pois deixamos detrás o verán e comezamos esta fermosa estación onde teremos moitas das nosas mellores actividades: Outono fotográfico, Samaín, Magosto... 

 


Deixámosvos un pequeno conto. Esperamos que vos guste:


CONTO DE NUNCA ACABAR


HABÍA UNHA VEZ UN CATIVO

NUN CASTIÑEIRO SUBIDO


DEBULLANDO UNHA CASTAÑA,

E DE CONTARCHE ESTE LÍO

XA SE ME FORON AS GANAS.


ANTÓN CORTIZAS."Contos de vento e de nunca acabar".

miércoles, 12 de septiembre de 2012

COMEZAMOS!


COMEZAMOS!

Hoxe volveron as clases! Esperamos que o verán vos trouxera moi bos momentos e que non falten as ilusións por un novo curso.
Deixámosvos un pouco de música, dun centro de Nigrán que fixo un interesante traballo unindo tradición musical galega e irlandesa. Esperamos que vos guste!



lunes, 25 de junio de 2012

Buxaina nº 25

1º edición dixital despois de 25 números en papel e con 30 anos facendo escola e construíndo un pobo. 

Parabéns!

viernes, 22 de junio de 2012

Lástima que terminó......

Unha visita guiada pola nosa escola, unha visual de quenes somos e de que facemos!
Moitos bicos e ata sempre!

lunes, 7 de mayo de 2012

Valentín Paz Andrade


O poeta e escritor Valentín Paz Andrade (1989 – 1987) é o autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Foi xornalista, político, avogado e impulsor da primeira compañía europea de buques conxeladores.
Nestes días, nós imos a recordal polas súas poesías e por ser membro da Real Academia Galega.

Deixámosvos un enlace onde aparecen recollidos algúns dos aspectos mais salientables da súa vida: