Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 2 de mayo de 2011

Lingua minoritaria

Este foi o noso Maio!

Maio


"Para facer ese maio
moito tempo traballamos
con fiunchos e pampullos
todo el o decoramos.

Ao chegar a primavera
con flores o celebramos
e o que pasou ata hoxe
cunhas coplas o contamos".

Esperamos que disfrutárades desta gran xornada, aquí quedades con algunhas das fotos.

domingo, 17 de abril de 2011

Chegan os Maios

“Xa chegou o Maio, colorido e galán. Chegou tras o inverno e antes do verán”.





Aínda que estamos en vacacións de Semana Santa queremos recordarvos que á volta temos que preparar o noso Maio.



O venres 29 de abril será o día desta celebración, así que ide buscando os fiúnchos, os pampullos e as laranxas bravas.



Vémonos o venres!


Tamén haberá que ir preparando as coplas...canto máis críticas mellor.

sábado, 2 de abril de 2011

125 aniversario do nacemento de Castelao


Este ano 2011 temos una data moi importante que recordar; o 125 aniversario do nacemento de D. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, referencia imprescindible da nosa cultura. Narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante… Un autor que foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964.

Non podemos deixar de amosar a nosa estima e admiración por este gran escritor ao que lle debemos “Cousas”, “Sempre en Galiza” ou “Os vellos non deben namorarse”.







lunes, 21 de marzo de 2011

21 de marzo, día da poesía


Hoxe, coa chegada da primavera, tamén celebramos o noso día da poesía. Esta é unha das datas sinaladas no calendario das letras, e queremos aproveitala para presentarvos a Lois Pereiro.

Este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, así que nas próximas semanas irémonos achegando á figura deste gran poeta. Deixámosvos estes breves versos cos que reivindicar a poesía como parte das nosas vidas:
“Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado”.

xuño, 95

lunes, 14 de marzo de 2011

Fotos do Entroido!

Deixámosvos algunhas fotos desta xornada de festa onde non faltou a música, moitas risas e unha boa merenda cos doces tradicionais. Esperamos que vos gusten!

Entroido 2011

Gañadores Discapnet 2011


Presentamos o traballo feito na nosa escola por todos as mestras, mestres, enfermeira e coidadora para a integración na sociedade de todos os membros con igualdade e sen descriminación. O noso centro foi finalista entre centos de candidaturas a nivel estatal de colectivos importantes e empresas de renome como La Caixa, RENFE, VODAFONE, REPSOL, etc.
O xoves ás 12:00 en Madrid cumpliuse "un sono na bandexa" para as mestras e mestres e as alumnas e alumnos de 2º, e para o resto de nenas e nenos dos outros cursos da nosa escola que fixeron posible este traballo: CONSEGUÍMOLO.
Grazas a todos: pais, nais, nenas e nenos, en especial a todo o equipo de mestres que traballan cada día para mellorar a nosa sociedade, sen eles este sono non sería posible.

Grazas aos que estiveron traballando e agora non están na escola pero si no noso corazón.
Grazas a Nerea por enseñarnos tanto.

Pedro Alberto Padín Solla

Director do Ceip As Covas

viernes, 4 de marzo de 2011

Finalistas ao premio Discapnet

Recoñecemento ao traballo ben feito, grazas a todas e todos, ás mestras e mestres que estiveron nesta escola e que aínda están, polo seu traballo diario.

http://www.discapnet.es/Castellano/Actualidad/Discapacidad/Paginas/detalle.aspx?Noticia=261272

Pedro Alberto Padín Solla
Director