Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Mostrando entradas con la etiqueta Luz Fandiño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Luz Fandiño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de mayo de 2013

Magnífica xornada!



O pasado mércores 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Recordamos a Roberto Vidal Bolaño, artífice de que teñamos un teñamos un teatro galego propio, e compartimos con Luz Fandiño unha xornada na que se falou deste autor e tamén da poesía e dos contos. Houbo teatro e música, coma sempre!
Unha magnífica xornada onde as letras galegas tiveron a súa merecida homenaxe.

lunes, 13 de mayo de 2013

O 15 de maio ven Luz Fandiño!

Xa estamos de cheo na nosa semana Das Letras Galegos: hoxe teatro, mañá recitado de poemas e, o mércores, xornada especial! Faremos adaptacións das obras de Roberto Vidal Bolaño e contaremos coa visita de Luz Fandiño: poetisa, amiga de Roberto, e gran defensora da nosa lingua.