Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Un novo curso



Xa estamos de novo aquí, con moitas ideas, moitos plans, ilusións por traballar e, tamén, algúns profesores de menos...






Neste curso 2011 – 2012 aprenderemos de Castelao, no seu 125º aniversario. Descubriremos como é o noso universo...

Non faltará a música coas nosas cantigas populares...

E o outono fotográfico, e a Semana das Letras Galegas...

Un programa cheo de actividades, onde o Galego será o noso compañeiro de viaxe.

miércoles, 22 de junio de 2011

FELICES VACACIÓNS!

Pois xa chegamos ao final deste curso. Foron meses de traballo, de moitas aprendizaxes e de tempos compartidos… Un ano no que fixemos do galego a lingua que todos queremos e un ano no que non faltaron as festas.

Festival fin de curso


Deixámosvos unhas fotos do último festival, onde os alumnos e alumnas de sexto dixéronnos un "ata sempre". Un abrazo moi grande para eles!

E dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o noso desexo de que teñades unhas magníficas vacacións!

(E non deixedes de ler…)

lunes, 6 de junio de 2011

Revista Buxaina

Un ano mais, xa chega a nosa Revista Buxaina!
Un percorrido polo que foi este curso 2010-2011 . Deixámola colgada no blog, e a finais desta semana entregarémosvos un exemplar para cada un.

miércoles, 18 de mayo de 2011

lunes, 16 de mayo de 2011

Día das Letras Galegas

Hoxe, véspera do Día das Letras Galegas, celebramos a nosa lingua como cultura, como palabra feita arte e recordamos a figura de Lois Pereiro.




Autor de breve traxectoria que compuxo versos ao son da súa enfermidade, un poeta que escribiu dende a prórroga da súa vida, e que no día de hoxe queremos homenaxear:

- Un Soño Alleo repetido -

O certo é que teño a impresión ás veces
que se fai máis patente cada día
de que pese ás evidencias en contra
debín morrer de aquela
e estou vivindo un soño repetido
nas noites dos que me seguen querendo.
outono, 95

miércoles, 11 de mayo de 2011

Correlingua 2011

Este martes, día 10 de maio, tivemos o fin de festa deste Correlingua 2011.

Correlingua 2011

O Correlingua é unha actividade de normalización, de carácter interdisciplinar, coa que traballamos a nosa lingua dende diversas áreas. O “galeoke”, o concurso de banda deseñada, a elaboración dos dorsais apadriñando palabras sobre a alimentación… Foron algunhas destas actividades que concluíron nunha gran festa celebrada polas rúas de Pontevedra.

Houbo músicos, un mago, e moita festa que concluíu soltando moitos globos cos nosos mellores desexos. Ata ano que ven!