Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 21 de marzo de 2011

21 de marzo, día da poesía


Hoxe, coa chegada da primavera, tamén celebramos o noso día da poesía. Esta é unha das datas sinaladas no calendario das letras, e queremos aproveitala para presentarvos a Lois Pereiro.

Este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, así que nas próximas semanas irémonos achegando á figura deste gran poeta. Deixámosvos estes breves versos cos que reivindicar a poesía como parte das nosas vidas:
“Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado”.

xuño, 95

lunes, 14 de marzo de 2011

Fotos do Entroido!

Deixámosvos algunhas fotos desta xornada de festa onde non faltou a música, moitas risas e unha boa merenda cos doces tradicionais. Esperamos que vos gusten!

Entroido 2011

Gañadores Discapnet 2011


Presentamos o traballo feito na nosa escola por todos as mestras, mestres, enfermeira e coidadora para a integración na sociedade de todos os membros con igualdade e sen descriminación. O noso centro foi finalista entre centos de candidaturas a nivel estatal de colectivos importantes e empresas de renome como La Caixa, RENFE, VODAFONE, REPSOL, etc.
O xoves ás 12:00 en Madrid cumpliuse "un sono na bandexa" para as mestras e mestres e as alumnas e alumnos de 2º, e para o resto de nenas e nenos dos outros cursos da nosa escola que fixeron posible este traballo: CONSEGUÍMOLO.
Grazas a todos: pais, nais, nenas e nenos, en especial a todo o equipo de mestres que traballan cada día para mellorar a nosa sociedade, sen eles este sono non sería posible.

Grazas aos que estiveron traballando e agora non están na escola pero si no noso corazón.
Grazas a Nerea por enseñarnos tanto.

Pedro Alberto Padín Solla

Director do Ceip As Covas

viernes, 4 de marzo de 2011

Finalistas ao premio Discapnet

Recoñecemento ao traballo ben feito, grazas a todas e todos, ás mestras e mestres que estiveron nesta escola e que aínda están, polo seu traballo diario.

http://www.discapnet.es/Castellano/Actualidad/Discapacidad/Paginas/detalle.aspx?Noticia=261272

Pedro Alberto Padín Solla
Director

viernes, 25 de febrero de 2011

Chegou o Entroido!

A semana que ven chega o Entroido ao noso colexio, sendo o venres 4 o día grande desta celebración.

Coma en anos pasados, o luns teremos ao noso “Mandadiño” que dende a entrada do colexio iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días. Ao estar traballando o tema da “alimentación saudable” haberá que botarlle un pouco máis de imaxinación, usando diversos materiais para a vestimenta.

Esperamos que vos guste a nosa proposta e que participedes da troula destes días. Un saúdo,

LUNS: “O luns, ademais de vir vestido hai que traer un ovo fritido

MARTES: “O martes, coma se foses unha eiruga hai que traer unha folla de leituga

MÉRCORES: “Mércores, escoita! Trae contigo unha froita!

XOVES: “O xoves come peixe asado e trae os beizos ben pintados”.

lunes, 21 de febrero de 2011

Día Internacional da Lingua Materna



En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna.

O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil.

Pero... Que é unha lingua materna?
A lingua materna, aquela en que os nenos e as nenas aprenden a falar, é, como dixo o poeta, “é a chave coa que abrimos o mundo”.

Galicia é hoxe unha comunidade con dous idiomas oficiais, o que constitúe unha riqueza e unha oportunidade.

A lingua e a cultura galegas son a mochila onde gardamos o pan e a auga, o imprescindible para facer un camiño que nos leva sempre cara adiante.

A nosa lingua apórtanos unha identidade colectiva que une a todos os galegos e galegas, independentemente de cal sexa o idioma que falan habitualmente.

domingo, 6 de febrero de 2011

125 anos do nacemento de Castelao

http://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao

“Castelao, siempre en A Estrada” ou o outro titular “A Estrada conmemorará este domingo el 125 aniversario del nacimiento de Castelao”.
Falan de bilingüismo aqueles que non publican en Galego, quedaría moito máis lóxico: Castelao por sempre na Estrada, ou A Estrada conmemorará este domingo o 125 aniversario do nacemento de Castelao.
Vergoña por publicaren semellante nova nos dous diarios máis prestixiosos do país, si Castelao levantara a cabeza e vise o que está a pasar na súa terra, falan do seu pensamento, ofrécenlle flores aqueles que teñan a herdanza dos que o exiliaron, Castelao houbera falado na nosa lingua, non entendemos o motivo de non publicar en galego. Diarios que reciben certa axuda económica da Xunta.

Para máis, recollen as súas verbas: "Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e graza do idioma". Pois iso.

Dito isto, a Sra. L_ _ _ reclamará a metade da edición dos diarios en Galego. Non, ao mellor porían os anuncios ou os breves, as páxinas de economía non, sería moi chic!

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/01/31/0003_201101P31C2993.htm o "periodista" que escribiu esta nova debería de argumentarse primeiro e saber restar non son 150 e si 125 anos do seu nacemento. "Tanta cultura me abruma"