Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”.... O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos. Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
Despedimos xa o Samaín 2016, non sen antes agradecer a familias e alumn@s os riquísimos doces que achegastes e o traballo coas cabazas. Auténticas obras de arte!
Agardámosvos dentro de ben pouquiño co Magosto 2016!
Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.
Ana Mª Fernández.”Ondas de verde e azul”.
Pois sí, o Outono do 2016 xa está connosco e para quedarse
unha boa tempada.
Xa comezamos a ver algunhas
follas das árbores no chan ou como o as cores das nosas paisaxes mudan a tonos
avermellados e amarelos. Por outra
banda, en canto comece o frío e se acurten os días, algúns animáis comezarán
a migrar a sitios máis quentiños e outros a hibernar.
No CEIP As Covas, pola contra, non temos pensado movernos de
Meaño nin botar un soneca. Todo o contrario!
Por octavo ano consecutivo comezamos co “Outono Fotográfico” e
gustaríanos moito que sairades ao monte e nos trouxerades fotos de recordo con descripcións das mesmas para facer unha exposición na entrada da escola.
Desta volta fixémonos de rogar un pouquiño, pero xa estamos aquí!
Un novo curso 2016-17 comeza, e con el, unha morea de actividades para seguir dándolle á lingua. Á nosa lingua.
Este ano entraremos de cabeza na Televisión e demostraremos que no CEIP As Covas a "caixa tonta" é máis lista que un allo! Así que lembrade... non cambiedes de canle!
Pois si, chegou o verán e tamén as merecidas vacacións!
Dende o blog do Equipo de dinamización da lingua galega quixéramos darvos
as grazas pola vosa colaboración, na organización de todas as actividades que
se foron desenvolvendo a longo do curso e polo voso apoio. Pero, sobre todo, pola gran labor que facedes na defensa da nosa lingua.
Son moitas as cualidades que teñen os alumnos e alumnas do CEIP de Meaño As
Covas, pero unha moi, moi especial é o ben que soa escoitalos falar en Galego;
tamén en Castelán, e Inglés, e... pero esa primeira lingua que levan empeza a
ser un tesouro que entre todos debemos mimar.
Así que moito verán, mais ocio activo e a gozar destas semanas sen os
horarios que o tempo de escola acaba impoñendo.
E non moito mais; pola miña parte despedirme, foi un pracer compartir estes
anos que me deron moi bos recordos e que, sen dúbida, tamén me fixeron crecer
como persoa. Unha aperta e ata sempre!
Con un pouco de atraso, pero xa chegou a nosa revista escolar Buxaina. Este ano de xeito monográfico a Manuel María: encrucillados, aspectos da súa obra e algún dos seus contos.
E non nos podemos esquecer da despedida do alumnado de 6º, fai pouco viñan da infantil e xa están marchando para o instituto (...)
Esperamos que vos guste a nosa revista escolar, tentaremos que nas clases teñades un exemplar para compartir nestes ultimos días do curso.
Hai anos nos que
a celebración das Letras Galegas permítenos coñecer con mais profundidade as obras
dos autores homenaxeados. Pasounos con Novoneyra, con Vidal Bolaño... e, claro,
neste 2016, tíñamos a Manuel María. Poeta, sobre todo; pero, sen dúbida, unha
gran referencia para a nosa cultura.
Tentamos
achegarnos á súa obra, aos seus contos, á súa vida. E que mellor modo de
concluír este curso que cantando os seus poemas con Mini e Mero, amigos
persoais del e que tan ben musicaron as súas verbas. Pois isto foi o que
aconteceu na nosa escola este venres: música, poemas e unha sensación de que se
estaba a vivir algo moi especial na defensa da nosa lingua.
Esperamos contar
en breve cos vídeos do que foi este encontro, pero, mentres, aquí vos queda unhas
poucas fotos da xornada. E a música? Iso o deixamos a gusto de cada uno, aínda
que vos podemos deixar unha proposta que sempre funciona: "O Carro"
Saúdos dende o
equipo de dinamización da lingua galega.
Intenso final de
curso o que estamos a ter. Onte foi un “clásico das excursión”; visita a
Santiago de Compostela, con ruta polos tellados da Catedral, visita didáctica
polo Museo de Pobo Galego e xogos a fartar nos Xardíns de Bonaval. Unha magnífica
xornada na que ata o tempo acompañou.
Deixámosvos unhas
cantas fotos, para que vexades o que foi a nosa incursión por Santiago. E, coma
sempre, se considerades que algunha imaxe non debería estar subida ao blog,
avisade que se retirará o mais axiña posible.
Como se soe dicir; problemas do directo!
Mañá enviarémosvos unha nota a todas ás familias coa nova data, pero lamentablemente este venres non haberá cancioneiro para recordar a Manuel María.
(Mais tempo para ensaiar, non?)
Un saúdo dende o equipo de dinamización da lingua galega.